Volver al inicio

CUBe

Noticias | Arquivo de noticias | CUBe

Que é o CUB?

CUBe é unha nova canle de mostraxe e comunicación coa mocidade universitaria que se aloxa nas residencias do Grupo RESA.

Esta "cesta" universitaria con forma de cubo entrégase no dormitorio dos estudantes universitarios. Cada envío contén un lote onde se encartan produtos ou gadgets promocionais, e o Bono CUBe, unha folla con vales de desconto ou condicións especiais.

Xa confiaron en nós marcas como Nescafé, Calvo, Sopinstant, Ideas al Plato, La Bella Easo, Berocca, Princesa, Abanderado, Maggi Hot Pockets, Nestlé Wellnes, Buitoni, Font Vella, Nestlé Crunch Snack, Nestlé Kit Kat, Eagle Snack, Biocenturi, Kraft, Matutano, Stabilo, Multiópticas, Gutarra, La Lechera, Oxford, Magnum, Rexona e Axe.

  • COBERTURA
    CUB ten cobertura nacional, con presenza en 25 residencias de 17 cidade. Desta maneira chega a máis de 7.000 estudantes. Distribúeselle directamente ao estudante. Así queda garantida a entrega de todos os materiais servidos polos clientes.
  • COMO FUNCIONA?
    Durante o curso académico realízanse tres envíos programados (outubro, xaneiro e abril), que coinciden co regreso dos períodos de vacacións. Deste xeito, facilítase o acceso a produtos estacionais ou novos produtos, e tamén coinciden con momentos de compra importante para o estudante.

Con estes envíos de produtos múltiples conséguese reducir o impacto do custo loxístico e facilítase o acceso de gran variedade de marcas e produtos a esta iniciativa. Tamén existe a posibilidade de preparar envíos personalizados para un cliente ou organizar eventos nas residencias en calquera momento. Os envíos pódense segmentar por sexo e zona xeográfica e garántese a exclusividade por categoría de produto.

Existen varias posibilidades de participación no CUB:

  • Encarte de produto, artigo promocional ou material publicitario.
  • Bono CUBe: este formato publicitario serve para canalizar os vales de desconto e outras ofertas de valor engadido. Desta maneira simplifícase o contido do CUB eliminándose a mala imaxe que supón atopar varios folletos ou vales soltos na caixa.
  • Personalización da caixa CUB. A maioría dos estudantes gardan os CUB, así que a edición duns CUB personalizados fomentará a súa colección.
  • One shot (envío dun só produto ou varios dunha mesma marca).
  • Accións a medida: proba de produto, organización de eventos nas residencias, etc.

CUBe é unha ferramenta flexible que ofrece múltiples solucións para que os anunciantes poidan facer chegar da forma máis adecuada a súa mensaxe.

Se a súa empresa está interesada en colaborar ou quere recibir máis información sobre o CUBe, cubra o formulario e porémonos en contacto con vostede.

Formulario el cub

Formulario el cub

Nome da empresa

Persoa de contacto

Teléfono

Correo e.

 

welcome pack resa
 
Oficinas centrais: Roger de Llúria, 118, 1º - 08037 Barcelona - Tel: 93 238 48 00 - Fax: 93 218 32 50 - resa@resa.es - www.resa.es
Seguridade na web e política de privacidade | Aviso legal e condicións xerais | Formulario de suxestións | Créditos