Se fuches admitido/a na residencia, explicámosche cal é o procedemento a seguir para formalizar o teu contrato de aloxamento.
Para formalizar a contratación definitivamente é imprescindible que, antes do 25 de agosto de 2008, fagas o seguinte:
Se es residente novo:
1. Aceptar as cláusulas xerais (condicións) do contrato a través da Zona de usuarios do web de RESA.
2. Pagar o depósito de garantía (fianza) no número de conta indicado.
3. Enviar por correo postal á residencia:
· Dúas copias do Regulamento de réxime interno, que encontrarás na zona de usuarios, sección Outros documentos contractuais, debidamente cubertas e asinadas en todas as súas páxinas.
· O impreso de domiciliación bancaria que atoparás na Zona de usuarios, sección Outros documentos contractuais, debidamente cuberto e asinado.
· O resgardo bancario do ingreso do depósito de garantía (fianza). A información para o pagamento de depósito de garantía (fianza) atoparala na Zona de usuarios, sección Cláusulas particulares, punto C2.
· Unha fotocopia do DNI/pasaporte.
· Dúas fotografías tamaño carné coa indicación na parte posterior do teu nome e apelidos.
· Unha fotocopia da matrícula da universidade correspondente ao curso 2008-09 (se aínda non a enviaches).
Se es antigo residente:
1. Aceptar as cláusulas xerais (condicións) do contrato a través da Zona de usuarios do web de RESA.
2. Pagar a regularización do depósito de garantía (fianza) no número de conta indicado se o importe é positivo.
Se o importe da regularización da fianza é negativo (saldo ao teu favor), esta cantidade descontarase da primeira mensualidade do curso 2008/09 e, polo tanto, non terás que facer ningún ingreso na conta da residencia.
A información para o pagamento da regularización do depósito de garantía (fianza) toparala na Zona de usuarios, sección Cláusulas particulares, punto C2.
3. Enviar por correo postal á residencia:
· Unha fotocopia da matrícula da universidade correspondente ao curso 2008-09 (se aínda non a enviaches).
· Dúas fotografías tamaño carné coa indicación na parte posterior do teu nome e apelidos.
· O resgardo bancario do pagamento da regularización da fianza.
Os estudantes non residentes en España só teredes que enviar o resgardo bancario do depósito de garantía (fianza) ao número de fax da residencia. O resto da documentación deberedes entregala na residencia o día da vosa chegada.
IMPORTANTE: de non recibir esta documentación no prazo indicado, anularase a reserva.
Estamos á túa enteira disposición para resolver calquera dúbida que che poida xurdir: (+0034) 902 444 447, resa@resa.es