Residencias de Estudiantes, S.A. (RESA), a primeira e máis numerosa rede de residencias en España, acadou a certificación ISO 9001:2008 en todos os seus departamentos e residencias, co obxectivo de asegurar a calidade de todos os seus servizos a partir dunha mellora na xestión de todos os seus procesos internos.
RESA conta cunha organización complexa, baseada nunha serie de centros dispersos xeograficamente e apoiados por diversos departamentos que operan desde a súa sede central: obras, explotación, comercial, xurídico, administración ou márketing, entre outros. Todos eles adaptaron o seu funcionamento ás pautas da Norma ISO 9001, que mercé ao seu uso e aceptación xeneralizada, estase a impor como requisito indispensable para desenvolver unha actividade empresarial dentro do ámbito das grandes empresas e as administracións públicas.
Coa certificación ISO 9001:2008, emitida pola prestixiosa entidade SGS ICS, Resa reforza o seu compromiso de calidade nun mercado cada vez máis esixente, onde ademais de realizar o traballo con calidade, cómpre demostralo. A norma IS0 9001 dota a organización de métodos de control, con base nuns procesos debidamente documentados e cuns indicadores de calidade que son auditados interna e externamente. Deste xeito, a certificación garante unha mellora na satisfacción ao cliente, cunha redución do número de incidencias a medio prazo, e a súa resolución de forma máis rápida e ordenada.
Resa é a empresa xestora de 25 residencias universitarias en España, en convenio con diversas universidades e situadas en 16 cidades españolas. Proximamente han ser postas en funcionamento dúas residencias máis, en Castelldefels eTerrassa, en convenio coa Universidade Politécnica de Cataluña.