1. Titular e responsable da páxina web.
2. Protección de datos e política de privacidade.
3. Termos e condicións de uso do sitio web.
4. Seguridade da información recollida.
5. Limitación da responsabilidade.
6. Uso de cookies.
7. Cambios na política de privacidade.
Para os efectos do disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e na Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico (LSSI) e demais normas aplicables, mediante esta política de privacidade, Residencias de Estudiantes, S. A. (en diante, RESA) informa os usuarios desta páxina web (en diante, sitio web) acerca da súa política de privacidade e seguridade na obtención e posterior tratamento dos datos de carácter persoal, recollidos dos usuarios deste sitio web, que estean interesados en formalizar unha reserva de aloxamento. Os termos usuarios e clientes empréganse aquí para referirse a todos os individuos que por calquera razón accedan á páxina web, e para que estes, de forma libre e voluntaria, decidan se queren facilitar a RESA os datos de carácter persoal que se lles poidan pedir para o uso do devandito sitio web, para a formalización da reserva de aloxamento a través dun formulario e para a contratación desta.
1 . TITULAR E RESPONSABLE DA PÁXINA WEB
Residencias de Estudiantes, S. A. ( RESA)
Calle Roger de Llúria, número 118 1ª planta.
08037 Barcelona
Teléfono: 93 238 48 00 - Fax: 93 218 32 50
Correo electrónico: resa@resa.es.
2. PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL
Calquera dato de carácter persoal que nos facilite o usuario como consecuencia do acceso a determinados servizos deste sitio web, será incorporado de forma automática a un ficheiro automatizado de datos de carácter persoal, titularidade de cada unha das sociedades denominadas SIRESA e de cuxo tratamento se encarga RESA, e será tratado conforme a nosa política de privacidade que se detalla nesta web. RESA recoméndalle ao usuario que lea atentamente esta política antes de facilitarnos os seus datos persoais.
Cada ficheiro está rexistrado e/ou dado de alta ante a autoridade competente; concretamente, están inscritos no Rexistro Xeral da Axencia Española de Protección de Datos. Estas entidades tratarán os datos de forma confidencial e exclusivamente coa finalidade de xestionar a relación cos clientes e promover as actividades que desenvolve cada entidade, e informar e prestar os servizos solicitados polo cliente no formulario de reserva de praza, logo do consentimento expresado mediante a aceptación das condicións destes formularios.
En cumprimento da legalidade vixente, estes ficheiros están inscritos no Rexistro Xeral de Protección de Datos.
RESA infórmao de que adoptou os niveis de seguridade requiridos polo Regulamento de medidas de seguranza aprobado polo Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro. Non obstante o anterior, a seguridade técnica nun medio como a Internet non é inexpugnable e poden existir filtracións por actuacións dolosas de terceiros.
Cando o usuario queira reservar aloxamento en calquera das residencias de estudantes ou outros tipos de aloxamento que xestiona RESA por orde dunha SIRESA, deberá cubrir o formulario de reserva correspondente á residencia onde queira aloxarse indicando, entre outros, o seu nome e apelidos, o enderezo, o teléfono, o correo electrónico e outros datos considerados necesarios. Esta información relativa á reserva será utilizada por RESA para procesala e contactar co usuario para verificar vía correo electrónico os seus datos, e enviar a confirmación electrónica da solicitude da reserva, así como para xestionar a relación contractual co usuario.
Neste sentido, o usuario deberá garantir que os datos persoais facilitados son veraces e asume a obriga de comunicar calquera modificación deles. No caso de que os datos sexan inexactos, incompletos ou deixasen de ser necesarios para a súa finalidade, RESA comprométese a cancelalos, borralos e/ou bloquealos, de conformidade co previsto na lexislación en materia de protección de datos.
Recordámoslle que o usuario poderá revogar en todo momento o consentimento prestado e exercer o seu dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición, no enderezo de RESA (c/ Roger de Llúria n.º 118 - 1º, 08037 Barcelona) ou, se o prefire, por correo electrónico no enderezo resa@resa.es, seguindo as condicións legais necesarias para o efecto, isto é, coa proba demostrada de que o dereito o exerce titular dos datos.
Da mesma maneira, o consentimento do usuario para o tratamento e cesión dos seus datos persoais será revogable en todo momento, sen efecto retroactivo ningún, conforme o que dispón a Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos persoais.
3. TERMOS E CONDICIÓNS DE USO DO SITIO WEB
A función desta web é proporcionarlles aos usuarios que accedan ao sitio web os diferentes servizos expostos nesta páxina a través da información indicada nela.
Este documento ten por obxecto establecer, por parte de RESA, as condicións que regulan o acceso e uso xeral deste sitio web para todos os usuarios, de maneira que o seu acceso e uso implica necesariamente a submisión e aceptación destas condicións xerais, así como –en caso de contratación dun servizo de reserva de aloxamento– das condicións xerais que caracterizan esa contratación (en diante, cláusulas xerais).
3.1. Acceso á web
O usuario debe ser maior de idade, conforme a lexislación española, e dispoñer de capacidade legal necesaria para contratar os servizos ofertados neste sitio web. No caso de contratación por parte de menores de idade, requirirase a autorización dos pais ou titores para poder contratar o servizo.
O acceso a este sitio web é libre e gratuíto. Entenderase que o acceso e/ou a simple utilización do sitio web atribúelle ao cliente/residente a condición de usuario (en diante, o usuario), o que implica a adhesión a esta política e ao aviso legal (http://www.resa.es/esl/condiciones_y_seguridad/aviso_legal_y_condiciones_generales). En consecuencia, RESA recoméndalle ao usuario a lectura atenta dos termos e condicións de uso recollidos polo titular desta páxina cada vez que acceda ao sitio web.
Así mesmo, o servizo de reserva de aloxamento en residencias universitarias e outros servizos xestionados por RESA a través desta web están regulados por estas condicións de uso que integran e completan a política de privacidade.
3.2. O uso do sitio web
Cada unha das seccións deste sitio web réxese por uns criterios establecidos expresamente na páxina e, no seu defecto, nas condicións de uso deste sitio web.
Sen prexuízo do disposto no aviso legal e nas políticas de privacidade accesibles que puidesen resultar aplicables en cada momento, a utilización de certos servizos ou solicitudes dirixidas a RESA están condicionadas a que se cubra con anterioridade o correspondente rexistro de usuario (Formulario de reserva de praza).
RESA informa de que para o acceso a determinados contidos que ofrece esta páxina web, como é a formalización dunha reserva de aloxamento, o usuario terá que facilitar certos datos de carácter persoal ao cubrir calquera formulario de reserva, así como para a contratación de calquera dos servizos que se ofrecen neste sitio web. Estes datos deberán ser veraces, exactos, auténticos e vixentes. RESA dará a eses datos o tratamento automatizado que corresponda en función da súa natureza ou finalidade, e nas condicións e termos indicados nesta sección de Política de privacidade e seguridade.
O usuario obrígase a usar o sitio web de forma dilixente, correcta e lícita e, en particular, comprométese a absterse: de empregar os contidos e a información de RESA obtida a través da nosa páxina web con fins ou efectos contrarios á lei, á moral e aos bos costumes xeralmente aceptados ou á orde pública; de reproducir ou copiar, distribuír ou permitir o acceso público a través de calquera modalidade de comunicación pública; e de transformar ou modificar os contidos a menos que se conte coa autorización do titular dos correspondentes dereitos ou isto resulte legalmente permitido.
3.3. Recollida de datos
Infórmase os usuarios da páxina web de RESA (www.resa.es) de que esta obtén os datos dos seus clientes e usuarios a través do formulario de reserva, que se ten que cubrir obrigatoriamente para contratar os servizos que presta RESA a través desta páxina. Así pois, os datos dos que dispón RESA son aqueles datos proporcionados no momento da formalización da reserva e da contratación por parte dos clientes/usuarios.
RESA informa que para o acceso a determinados contidos que ofrece esta páxina Web, como é a formalización dunha reserva de aloxamento, o Usuario terá que facilitar certos datos de carácter persoal ao cumprimentar calquera formulario de reserva, así como para a contratación de calquera dos servizos que se ofrecen neste sitio web. Estes datos deberán ser veraces, exactos, auténticos e vixentes. RESA dará aos devanditos datos o tratamento automatizado que corresponda en función da súa natureza ou finalidade, e nas condicións e termos indicados nesta sección de Política de Privacidade e Seguridade.
RESA poderá almacenar e gardar os datos facilitados co único fin de manter a relación contractual co cliente/usuario.
As finalidades da recollida dos datos de carácter persoal son as que particularmente se indican en cada unha das páxinas onde apareza o formulario de reserva (de rexistro de datos). En relación cos datos persoais que se recollan dos usuarios rexistrados, serán utilizados coa finalidade de adaptar os produtos e servizos solicitados polo usuario ás preferencias indicadas no formulario. Con carácter xeral, os datos de carácter persoal que nos proporcione serán utilizados para atender a súa solicitude de información e de reserva de praza, así como posteriormente para a contratación co cliente/usuario.
O consentimento para a comunicación dos datos de carácter persoal por parte do cliente/usuario é revogable en calquera momento, se ben non terán carácter retroactivo.
4. SEGURIDADE DA INFORMACIÓN RECOLLIDA
RESA comprométese a tratar os datos de xeito confidencial e coa finalidade exclusiva de xestionar e formalizar a reserva de aloxamento solicitada polo usuario e tramitar a correspondente contratación da reserva, incluída a promoción comercial dos servizos que presta. Enténdese que a formalización e aceptación do formulario de reserva, así como das condicións xerais da contratación (ver Aviso legal), implican o consentimento para levar a cabo ese tratamento.
A contratación dos servizos ofrecidos por RESA nesta páxina realízase nun medio seguro a través da execución dun sistema de cifraxe de datos SSL (Secure Sockets Layer) que garante a protección das comunicacións a través da Internet. O cliente/usuario pode comprobar que se atopa dentro dun medio seguro observando o cadeado pechado que está situado na parte inferior da súa pantalla.
O usuario comprométese a facer un uso lícito e adecuado deste sitio web, así como dos servizos que prestan por parte de RESA, de conformidade con este aviso legal, e a non desenvolver actividades contrarias ás leis, á moral, á orde pública e, en xeral, a facer un bo uso destas condicións.
RESA resérvase –no caso de que leve a cabo algunha actividade contraria ás leis– o dereito a cancelar as reservas de calquera usuario ou a denegarlle o acceso ao sitio web, sen aviso previo, e a exercitar as accións legais que considere oportunas.
Do mesmo xeito, RESA garante que o servidor no que se almacenan e tratan os datos persoais dispón das medidas de seguridade de índole técnica e organizativa necesarias para evitar, na medida do posible, a alteración, perda e/ou acceso non autorizado aos devanditos datos persoais.
5. LIMITACIÓN DA RESPONSABILIDADE
Esta web foi elaborada de boa fe por RESA con información procedente desde fontes externas e internas; non obstante, RESA non garante a exhaustividade e veracidade de toda a información que contén nin en particular, o acceso continuado, a dispoñibilidade e a continuidade do funcionamento deste sitio web. Tampouco se responsabiliza nin garante o acceso ao sitio web, se o cliente ou usuario non observa, para a realización dalgunha actividade en particular, as recomendacións dadas para cada suposto en particular.
RESA non se fai responsable de ningún dano e perda causado, en caso de que existan interrupcións do servizo, demoras, erros, mal funcionamento ou, en xeral, demais inconvenientes que teñan a súa orixe en causas que escapan do control de RESA e/ou debido a unha actuación dolosa ou culpable do usuario e/ou que teña por orixe causas de forza maior; sen prexuízo do establecido no artigo 1105 do Código Civil, entenderanse incluídos no concepto de forza maior o fallo de terceiros, operadores ou compañías de servizos, actos de goberno, falta de acceso a redes de terceiros, actos ou omisións das autoridades públicas, aqueles outros producidos como consecuencia de fenómenos naturais, apagóns, etc., e o ataque de hackers ou terceiros especializados na seguridade ou integridade do sistema informático.
En calquera caso, sexa cal for a causa e na medida en que isto sexa permitido pola lexislación aplicable, RESA non asumirá responsabilidade ningunha xa sexa por danos directos ou indirectos, problemas técnicos ou fallos dos equipos informáticos que se produzan durante a conexión á rede da Internet, así como os danos que puidesen ser causados por terceiras persoas, danos emerxentes e/ou por lucro cesante.
O usuario da Internet que queira introducir ligazóns ao sitio web desde as súas propias páxinas web deberá cumprir coas condicións que se detallan a continuación, sen que o descoñecemento destas evite as responsabilidades derivadas da lei.
A ligazón unicamente vinculará coa páxina de inicio ou páxina principal do sitio web, pero non poderá reproducila de ningunha maneira (ligazóns en liña, copia dos textos, gráficos, logos, marca rexistrada, etc.).
Quedará prohibido, en todo caso e de acordo coa lexislación aplicable e vixente en cada momento, establecer frames ou marcos de calquera tipo que envolvan o sitio web ou que permitan a visualización dos contidos a través de enderezos da Internet distintos ao do sitio web e, en calquera caso, cando se visualicen conxuntamente con contidos alleos ao sitio web de maneira que: (I) produza, ou poida producir, erro, confusión ou engano nos usuarios sobre a verdadeira procedencia do servizo ou contidos; (II) supoña un acto de comparación ou imitación desleal; (III) sirva para aproveitar a reputación da marca nacional titularidade de RESA e do prestixio desta sociedade; ou (IV) de calquera outra forma que resulte prohibida pola lexislación vixente.
Non se realizarán desde a páxina que introduce a ligazón ningún tipo de manifestación falsa, inexacta ou incorrecta sobre RESA, os seus socios, empregados, clientes, ou sobre a calidade dos servizos que presta.
En ningún caso se expresará na páxina onde se sitúe a ligazón que RESA prestou o seu consentimento para a inserción da ligazón ou que doutra maneira patrocina, colabora, verifica ou supervisa os servizos do remitente.
Está prohibida a utilización de calquera marca denominativa, gráfica ou mixta, ou calquera outro signo distintivo de RESA dentro da páxina do remitente, salvo nos casos permitidos pola lei ou expresamente autorizados por RESA ou as SIRESA, e sempre que se permita, nestes casos, unha ligazón directa co sitio web na forma establecida neste apartado.
A páxina que estableza a ligazón deberá cumprir fielmente coa lei e non poderá en ningún caso dispoñer deles ou vincular con contidos propios ou de terceiros que: (I) sexan ilícitos, nocivos ou contrarios á moral e aos bos costumes (pornográficos, violentos, racistas, etc.); (II) induzan ou poidan inducir no usuario a falsa concepción de que RESA subscribe, apoia, se adhire ou de calquera maneira apoia as ideas, manifestacións ou expresións, lícitas ou ilícitas, do remitente; (III) resulten inapropiados ou non pertinentes coa actividade de RESA en atención ao lugar, contidos e temática da páxina web do remitente.
Así mesmo, RESA non se responsabiliza da calidade da conexión dos usuarios, da velocidade, ou do funcionamento no acceso á nosa páxina web. Por outra parte, RESA non pode garantir a ausencia de virus ou doutros elementos alleos a esta empresa, que poidan producir alteracións nos equipos dos usuarios, nos seus ficheiros ou nos sistemas informáticos.
Debido a motivos técnicos, de seguridade, de control, por fallos de subministración eléctrica ou por calquera outra causa, RESA terá dereito, sen aviso previo, a suspender temporalmente este sitio web para efectuar operacións de mantemento, mellora ou reparación del, sempre actuando en beneficio do usuario, así como para efectuar cambios na información, servizos, produtos e outros elementos deste sitio web. Todo isto sen que o usuario poida esixir responsabilidade ningunha a RESA.
Da mesma maneira, e con obxecto de mellorar o servizo e establecer un nivel de calidade óptimo, o usuario/cliente poderá indicar aquelas modificacións, suxestións e/ou observacións que estimen útiles, poñéndose en contacto con RESA (responsable da páxina) a través do enderezo de correo electrónico: resa@resa.es.
5.1. LIGAZÓNS A OUTROS SITIOS WEB DE INTERESE.
Co fin de anticiparnos ás súas necesidades, RESA ofrece ligazóns a outros sitios web para o beneficio, necesidade ou interese do Cliente/Usuario. RESA non se fai responsable do contido que se facilite ou inclúa en calquera sitio web independente, incluíndo calquera reclamo publicitario ou de prácticas comerciais. Aínda que RESA protexerá a información que se atopa no seu Sitio web ou no seu micro sites cos que opera, pero non poderá controlar nin asumir ningunha responsabilidade polas políticas de privacidade dos sitios web de terceiros, incluídos os Sitios web que sexan propiedade ou estean controlados por outras sociedades colaboradoras e/ou Universidades. Os sitios web de terceiros aos que poida acceder o Usuario a través de vínculos nos nosos sitios web, así como as súas prácticas de privacidade e medidas de seguridade implantadas non son en ningún caso, responsabilidade de RESA.
6. USO DE COOKIES
RESA poderá utilizar cookies durante a prestación do servizo do sitio web. As cookies son procedementos automáticos de recollida de información relativa ás preferencias determinadas por un usuario durante a súa visita a unha determinada páxina web. Esta información rexístrase en pequenos ficheiros que son gardados no equipo informático do usuario correspondente de forma imperceptible. Cada vez que o usuario volve acceder ao sitio web en cuestión, estes ficheiros actívanse automaticamente de maneira que se configura o sitio web coas preferencias indicadas en visitas anteriores. En definitiva, as cookies son ficheiros físicos de información persoal aloxados no propio terminal do usuario e asociados inequivocamente a este terminal. Non contén ningún dato persoal, información económica ou sanitaria. As cookies non poden ler os ficheiros cookie creados por outros provedores.
O usuario ten a posibilidade de configurar o seu programa navegador de maneira que se impida a creación destes ficheiros ou de que se advirta do momento en que isto ocorre. O sitio web é accesible sen necesidade de que estean activadas as opcións referentes ás cookies, se ben poden impedir o correcto funcionamento de mecanismos de seguridade para servizos exclusivos ou determinados servizos que requiren dunha maior seguridade. Por norma xeral, a finalidade destas cookies do sitio web é a de facilitar a navegación do usuario.
7. CAMBIOS NA POLÍTICA DE PRIVACIDADE
En caso de que RESA modifique esta política de privacidade, deberá respectar a lexislación vixente e a protección de datos, e publicará unha notificación no sitio web para que os usuarios poidan ter coñecemento de calquera cambio no tipo de datos que se recollen e/ou as finalidades do tratamento e/ou as cesións a terceiros. En ningún caso, ningunha das modificacións desta política de privacidade afectará, por si mesma, á elección que os usuarios formulasen no que respecta ao modo no que RESA poida utilizar os seus datos persoais. Se en calquera momento RESA decidise utilizar os datos persoais dos usuarios de maneira distinta á establecida no momento da súa recollida, notificarállelo aos usuarios por correo electrónico e solicitaralles o seu consentimento ao respecto.
1