Vivir na residencia | dormitorios | prezos | instalacións e servizos | actividades | localización | preguntas frecuentes | aloxamento diario | aloxamento verán | aloxamento grupos
O Complexo Residencial O Castro inaugurouse no ano 2001. Dispón de 225 prazas en total e de diversas instalacións, deseñadas para facer a túa estancia o máis cómoda posible. É unha residencia destinada a aloxar estudantes da Universidade de Vigo durante o curso académico.
No verán todas as súas prazas destínanse a grupos diversos e ao público en xeral para aloxarse por uns días ou semanas.
A residencia permanece aberta todos os días do ano.
Se queres visitar a nosa residencia de estudantes O Castro, debes concertar cita previa por teléfono ou correo electrónico co/a responsable do centro. As visitas faranse, preferiblemente, de luns a venres en horario de oficina. No caso de que todas as habitacións estean ocupadas, só se poderán mostrar as zonas comúns.
Rúa Xeración Nos, 4
Campus Universitario Lagoas-Marcosende
36310 Vigo
Teléfono: 986 031 000
Fax: 986 031 001
ocastro@resa.es












