Volver al inicio

8. É imprescindible achegar toda a documentación que se me solicita ao formalizar a inscrición na residencia?

 

Si, é completamente imprescindible achegar toda a documentación solicitada; do contrario, serás automaticamente excluído/a da convocatoria de prazas. Para evitar este problema é recomendable que, cando envíes a documentación, chames á residencia para comprobar que recibiron correctamente todos os documentos.

Se no momento de realizar a solicitude de inscrición non dispós dalgúns dos documentos requiridos (por exemplo: a nota das PAU), debes envialos por fax á residencia en canto os teñas para que os poñan xunto co teu expediente e os teñan en conta na adxudicación de prazas.

Ten en conta que non todas as residencias solicitan a mesma documentación para realizar a preinscrición, por iso che recomendamos que leas con atención as condicións de reserva que aparecen antes de cubrir o formulario de inscrición da residencia en cuestión.

Oficinas centrais: Roger de Llúria, 118, 1º - 08037 Barcelona - Tel: 93 238 48 00 - Fax: 93 218 32 50 - resa@resa.es - www.resa.es
Seguridade na web e política de privacidade | Aviso legal e condicións xerais | Formulario de suxestións | Créditos