Volver al inicio

1. ¿Cómo hacer una solicitud de preinscripción para el curso académico?

Importante: para realizar unha solicitude de preinscrición, debes ter un enderezo de correo electrónico, xa que todos os trámites se realizan en liña.

  • Diríxete á sección Reservas do menú xeral situado á esquerda e selecciona a opción Curso que che aparecerá no menú superior.
  • Selecciona a residencia na que estás interesado/a da listaxe que che aparecerá a continuación. Se o nome da residencia che aparece marcado en cor verde, significa que está aberto o prazo e que, polo tanto, poderás realizar a túa solicitude de preinscrición. Se o nome da residencia che aparece en gris, significa que o prazo está pechado e que non podes realizar a túa solicitude de preinscrición.
  • Le atentamente a información sobre os tipos de preinscrición (curso completo ou intermedia) que se poden realizar na residencia durante o curso académico.
  • Selecciona o tipo de preinscrición no que estás interesado/a: curso completo ou intermedia.
  • Le con atención as condicións de preinscrición e, se estás de acordo, marca o recadro que encontrarás ao final do documento. Recomendámosche que descargues as condicións en formato PDF e que as imprimas.
  • Cubre o formulario de solicitude de preinscrición cos teus datos persoais. Os residentes en España deben cubrir os campos que se refiren a datos bancarios. Se es menor de idade, debes cubrir os datos referentes ao pai/nai ou titor.
  • Automaticamente, recibirás un correo electrónico que contén unha ligazón de validación. Debes premer esta ligazón no prazo máximo de 48 horas para que a túa solicitude de preinscrición quede almacenada na base de datos. En caso contrario, a túa solicitude de preinscrición quedará anulada e deberás comezar o proceso de novo. Recomendámosche que, cando cubras o formulario, automaticamente consultes o teu correo e valides a solicitude premendo a ligazón.
  • Cando premas a ligazón, selecciona a opción pagamento por transferencia bancaria. Poderás descargar un ficheiro en formato PDF que contén o número de conta no que debes facer o pagamento da matrícula ou pagamento a conta.
  • Realiza o pagamento da matrícula ou pagamento a conta ao número de conta indicado no PDF.
  • Envía por fax ou por correo postal á residencia o documento PDF cuberto cos teus datos persoais e o resgardo da transferencia antes da finalización do prazo para realizar a inscrición na residencia. Os datos da residencia encóntranse na sección Residencias deste web.
  • Chama a residencia para verificar que o documento PDF cuberto e o resgardo de pagamento da matrícula ou pagamento a conta se recibiron correctamente.
  • Espera a que se publique a lista de admitidos e non admitidos neste web (durante o mes de agosto aproximadamente).

Oficinas centrais: Roger de Llúria, 118, 1º - 08037 Barcelona - Tel: 93 238 48 00 - Fax: 93 218 32 50 - resa@resa.es - www.resa.es
Seguridade na web e política de privacidade | Aviso legal e condicións xerais | Formulario de suxestións | Créditos