12. En que consiste a liquidación?

A liquidación do depósito de garantía (fianza) é un proceso administrativo que se realiza cando abandonas o cuarto, tras a finalización do contrato de aloxamento.

Despois de realizar coa persoa responsable da residencia, o inventario de saída e comprobar o estado do cuarto, do depósito de garantía descontaranse:

  • As horas de limpeza necesarias
  • O lavado dos elementos téxtiles do cuarto
  • A reposición do material necesario
  • A pintura das paredes
  • Outros elementos necesarios para a conservación e o bo estado do cuarto
  • A regularización do consumo eléctrico

Todos estes importes compénsanse co depósito de garantía (fianza). O resultado é a cantidade que se devolve:

  • Se decides renovar o próximo curso, só terás que pagar a regularización do depósito de garantía (fianza).
  • Se non renovas o próximo curso devolveráseche o importe resultante tras a liquidación.

E lembra: a todos nos gusta encontrar os cuartos limpos e en bo estado. Se nos entregas o teu cuarto tal e como o encontraches, máis diñeiro che poderemos devolver ao final da túa estadía.