Que é RESA
Que é RESA
|
Investidores e empresas
|
Equipo humano
|
RESA en imaxes
|
20 aniversario
Grupo RESA: a rede máis extensa de residencias universitarias en España
|
|
O Grupo RESA naceu no ano 1992 coa vocación de crear a primeira rede de residencias universitarias en España. Desde a apertura da primeira residencia no ano 1996, Francesc Giralt i Serrà situada en Terrassa (Barcelona) e en convenio coa Universitat Politècnica de Catalunya, o Grupo RESA non deixou de crecer ata acadar na actualidade a cifra de 27 residencias. |
| A confianza das universidades coas que traballamos, dos estudantes e das súas familias é o que fai de RESA a empresa que é hoxe. | |
| O concepto RESA | |
| O noso concepto de residencia baséase en ofrecerlles aos nosos estudantes instalacións cómodas e funcionais, con espazos comúns e privados, seguridade, independencia e proximidade ao campus universitario. Ademais dos servizos básicos, os estudantes que viven nas residencias do Grupo RESA tamén poden contratar outros servizos complementarios, como a limpeza do cuarto, a entrega semanal e limpeza de sabas e toallas, aparcadoiro, etc. |
|
| Desta maneira, cada estudante define como quere que sexa a súa estadía na residencia e adáptaa ás súas necesidades. | |
| RESA Housing - Aloxamento en pisos en Barcelona | |
| Por outra banda, RESA xestiona o servizo RESA Housing , especializado en aloxamento temporal en Barcelona, Girona e Madrid de estudantes e investigadores en pisos, cuartos e con familias. O servizo RESA Housing creouse no ano 2002 para ser a central de reservas de Barcelona Centre Universitari (BCU) , un organismo creado pola Generalitat de Catalunya, o Ajuntament de Barcelona, todas as universidades de Barcelona e a Fundació Catalana per a la Recerca i la Innovació. | |



