Volver al inicio

Preguntas más frecuentes

Vivir na residencia | dormitorios novos prezos Bolsas aloxamento Instalacións e servizos comedor actividades localización Preguntas más frecuentes aloxamento diario Aloxamento verán Aloxamento para grupos

1. Podo escoller cuarto?
2. A residencia proporciona as sabas e as toallas?
3. Hai teléfono, TV e TDT no cuarto?
4. Podo levar televisión e equipo HI-FI?
5. Nos cuartos hai microondas?
6. Podo ter unha neveira no meu cuarto?
7. Podo sacar do cuarto o mobiliario de RESA que non vaia utilizar?
8. Hai conexión á Internet?
9. Hai impresora na sala de informática?
10. Hai comedor na residencia? Que horario ten o comedor?
11. Como funciona o comedor? Que tipo de menús hai?
12. En que consiste o almorzo?
13. Se un día perdo o autobús e chego fóra do horario de comedor, quedo sen comer?
14. Como funciona o servizo de lavandería?
15. Hai servizo de limpeza de cuartos?
16. A residencia pecha nos períodos de vacacións?
17. En que data e que horarios se pode entrar na residencia unha vez que fun admitido/a?
18. Podo quedar na residencia durante as vacacións de Nadal e Semana Santa?
19. Como se pagan as mensualidades?
20. Pode vir un amigo/a á residencia para estudar ou comer?
21. Poden quedar familiares ou amigos a durmir comigo no cuarto?
22. Dispón a residencia dalgún lugar onde deixar cousas no verán?  23. Hai supermercados preto da residencia?
23. Hai horarios de entrada e saída?
24. Teño que entregar a chave cada vez que marcho da residencia ou a fin de semana?
25. Hai comedores universitarios preto da residencia?
26. A residencia está ben comunicada coa central de autobuses e a estación de RENFE?
27. Como funciona o servizo de transporte?
28. No bus da residencia só me podo baixar nas paradas indicadas no horario?
29. Hai outro servizo de transporte que non sexa o bus da residencia?
30. Hai centros deportivos preto?
31. Hai supermercados preto da residencia?
32. Onde teño que ir se necesito asistencia sanitaria?
33. Onde está a biblioteca máis próxima?
34. Son estranxeiro e non teño número de conta corrente en España. Como podo abrir unha desde aquí?
35. Cal é o proceso de selección?
36. Ao abandonar a residencia, canto tardan en facer a devolución da fianza?
37. Podédesme asegurar que terei praza na residencia, se cubro o formulario de preinscrición e fago o pagamento da matrícula no prazo indicado?
38. Se fixen a solicitude de preinscrición e fun admitido, devólvese a matrícula aboada se cancelo a solicitude?
39. Que pasa se deixo a residencia á metade do curso e non estou os 10 meses (estancias de curso completo)?
40. Como saberei que fun admitido?
41. É obrigatorio poñer os datos da tarxeta de crédito na reserva?

  1. Podo escoller cuarto? Podes escoller entre dobre ou individual. Se desexas unha orientación específica do cuarto débelo indicar no apartado “Preferencias” ao cubrir o formulario no web. Asignarase por orde de data de preinscrición. Os antigos residentes teñen prioridade respecto aos novos.

2. A residencia proporciona as sabas e as toallas? Si, a residencia proporciona unha colcha, un xogo de sabas (inclúe cobertor do colchón), dúas mantas e un xogo de toallas (unha de ducha e outra de lavabo).

  3. Hai teléfono, TV e TDT no cuarto? Todos os cuartos teñen teléfono con número propio. Non hai antena para televisión nin TDT no cuarto. Na residencia dispós de dos salas de televisión. Tamén tes á túa disposición un vídeo e un DVD, a través dun sistema de préstamos.

  4. Podo levar televisión e equipo HI-FI? Si, para ver a televisión tes que traer unha antena individual. Hase ter un especial coidade, ao utilizar estes aparatos, co fin de evitarlles molestias aos demais residentes, especialmente en horas nocturnas.

  5. Nos cuartos hai microondas? Non, nin se pode ter ningún aparato eléctrico de cociña por motivos de seguridade e hixiene. Se necesitas empregar o microondas tes un á túa disposición no comedor.

  6. Podo ter unha neveira no meu cuarto? Non, non se deben ter alimentos no cuarto por razóns hixiénico-sanitarias.

  7. Podo sacar do cuarto o mobiliario de RESA que non vaia utilizar? Se, sempre e cando o devolvas no momento de deixar o cuarto. É moi importante que todo aquilo que se saque do cuarto quede reflectido no inventario que se fai cando chegas á residencia.

8.Hai conexión á Internet? Si, a través de Wi-Fi, en recepción darémosche as claves para poder acceder. Está incluída no prezo mensual.

  9. Hai impresora na residencia? Si, hai una impresora para uso académico.

  10. Hai comedor na residencia? Si, a residencia dispón de comedor.
 Que horario ten o comedor? O horario dos servizos de luns a venres é: almorzo das 7:30 ás 10:30 h, xantar das 13:30 ás 15:30 h e cea das 21:30 ás 22.45 h. Os sábados  o horario é: almorzo das 8 ás 10.30 h (os domingos e festivos de 9 a 10:30 h), xantar das 14 ás 15 h e cea das 21:30 ás 23 h. O comedor da residencia permanece pechado durante as vacacións de Nadal, e na primeira quincena de setembro só se serven almorzos.

  11. Como funciona o comedor? Que tipo de menús hai? Hai tres servizos: almorzo, xantar e cea. A residencia ofrece un comedor tipo self-service con mobiliario renovado e menú máis variado, completo e igual de abundante. Buffet de ensaladas + primeiro prato (2 opcións) + segundo prato (2 opcións) + sobremesa.

  12. En que consiste o almorzo? O almorzo é moi completo, tes leite normal e desnatado, infusións, Nesquick, Cola Cao, cereais normais e de chocolate, torradas, pan fresco, galletas, bolería, manteiga, margarina, marmeladas, friame variado, froitas e iogures. Podes coller o que precises.

  13. Se un día perdo o autobús e chego fóra do horario de comedor, quedo sen comer? Sempre que sexa unha causa xustificada nunca ninguén queda sen comer. Pero débense respectar os horarios para un bo funcionamento da residencia.

  14. Como funciona o servizo de lavandería? Tes dúas formas de facelo. Na residencia dispós de lavadoras e secadoras que funcionan con fichas que podes comprar na recepción. A capacidade das máquinas é de 7 kg, e dosifican automaticamente o deterxente e o suavizante polo que non tes que traer nada. Se non queres lavar a túa roupa, hai unha lavandería externa que recolle a roupa e cha entrega ao día seguinte lavada e co ferro pasado. Cóbrase por peso e non é necesario marcar a roupa.

15.Hai servizo de limpeza de cuartos? Si,a residencia dispón de persoal de limpeza que se encarga das zonas comúns e dos dormitorios. A habitación é responsabilidade túa aínda que, se o prefires, podes contratar opcionalmente o servizo de limpeza semanal con cambio de sabas e toallas

  16. A residencia pecha nos períodos de vacacións? A residencia só pecha durante as vacacións de Nadal, o resto do ano permanece aberta.

  17. En que data e que horarios se pode entrar na residencia unha vez que fun admitido/a? Unha vez que entre en vigor o contrato pódese entrar ao longo do día. É importante que o residente avise uns días antes da súa incorporación. Se tiveses que incorporarte antes do inicio do contrato, deberás contactar coa dirección da residencia para facer unha reserva. O prezo por noite será a parte proporcional da mensualidade do novo curso.
 Pódese en fin de semana? Si, funciona igual que de luns a venres.

  18. Podo quedar na residencia durante as vacacións de Nadal e Semana Santa? Durante o Nadal a residencia permanece pechada, pero en Semana Santa está aberta e mantéñense os servizos.
 E durante as vacacións? Si. O contrato finaliza o 12 ou o 30 de xuño, se o residente tivese intención de prolongar a súa estadía, deberao comunicar á maior brevidade posible.

  19. Como se pagan as mensualidades? A través de domiciliación bancaria entre os días 1 e 5 de cada mes.

  20. Pode vir un amigo/a á residencia para estudar ou comer? Pódense recibir visitas das 10 ás 24 h. Sempre que veña un amigo hai que avisar en recepción e o residente será responsable da visita en todo momento. Se desexa quedarse a comer deberá ir á recepción para mercar un bono para o comedor que lle será solicitado polos camareiros.

  21. Poden quedar familiares ou amigos a durmir comigo no cuarto? Si. Pódese dispoñer dunha cama supletoria logo do pago da estadía na recepción. Tamén poden alugar un cuarto por días soltos.

  22. Dispón a residencia dalgún lugar onde deixar cousas no verán? Non. Por problemas de espazo. O cuarto ha de quedar baleira auque renoves a túa praza.

  23. Hai horarios de entrada e saída? O residente dispón de absoluta liberdade para a entrada e saída da residencia. As entrada e saídas por vacacións, así como as ausencias de máis de 24 horas, deberánselle comunicar previamente á directora.  

  24. Teño que entregar a chave cada vez que marcho da residencia ou a fin de semana? Non. O día de entrada entregaráselle a cada residente unha chave do seu cuarto. Será responsable dela ata a finalización da súa estadía e non a poderá deixar na recepción en ningún momento.

  25. Hai comedores universitarios preto da residencia? O comedor universitario máis próximo é o da propia residencia. Logo dispóñense de comedores universitarios nos campus. O máis próximo está no campus da Zapataeira (± 4,5 km).

  26. A residencia está ben comunicada coa central de autobuses e a estación de RENFE? Si, a través do noso propio transporte, naquelas viaxes que van da Praza de Pontevedra. (Ver o horario de transporte da residencia).

  27. Como funciona o servizo de transporte? A residencia ten un autobús incluído no prezo, que realiza viaxes aos campos universitarios, á cidade, e ás estacións de tren e autobús, segundo o horario que podes consultar nesta  ligazón. Este horario pode sufrir algún axuste ao longo do curso, pero adoitan ser pequenos e xeralmente co fin de mellorar o servizo, nunca se suprime ningunha viaxe.

  28. No bus da residencia só me podo baixar nas paradas indicadas no horario? Non, o autobús de baixada pode parar, logo de indicarllo ao chofer, en calquera parada urbana.

  29.Hai outro servizo de transporte que non sexa o bus da residencia? Si, dispós dun servizo público, o Núm. 24, que está a pouco máis de 1 km da residencia.

  30. Hai centros deportivos preto? A residencia dispón de ximnasio e unhas pistas polideportivas para o goce de todos os residentes. O centro deportivo externo máis próximo está nas instalacións da universidade no campus de Elviña, a 5 km aproximadamente.

  31. Hai supermercados preto da residencia? Hai un supermercado EROSKI a 2 Km da residencia.

  32. Onde teño que ir se necesito asistencia sanitaria? Á entrada na residencia entregarémosche unha folla informativa con diferentes enderezos e teléfonos aos que dirixirte dependendo de se pertences ao réxime da Seguridade Social ou ao privado.

  33. Onde está a biblioteca máis próxima? A residencia tamén dispón de dúas salas aula grandes para estudar na que se esixe absoluto silencio. Ademais ten mesas dispostas en salas abertas para aqueles que queiran facer traballos en grupo e unha aula pequena por planta para o mesmo fin.

  34. Son estranxeiro e non teño número de conta corrente en España. Como podo abrir unha desde aquí? Á túa chegada a España, será tan sinxelo como levar a un banco un documento oficial acreditativo e solicitar a apertura dunha conta corrente.

  35. Cal é o proceso de selección? Para ser admitido na residencia é imprescindible que se formalizase a reserva segundo os requisitos establecidos. A adxudicación das prazas realizarase tendo en conta a data de recepción do impreso de pagamento da matrícula. Valorarase tamén se se teñen irmáns vivindo na residencia.

  36. Ao abandonar a residencia, canto tardan en facer a devolución da fianza? A partir de dous meses desde o día de saída da residencia.

  37. Podédesme asegurar que terei praza na residencia, se cubro o formulario de preinscrición e fago o pagamento da matrícula no prazo indicado? Non hai un prazo indicado, é ata que se acaben as prazas así que canto antes reserves, mellor. A partir do 20 de xullo sae a lista de admitidos. Se a residencia non pode asignarche a praza solicitada por falta de cuartos dispoñibles, devolveráseche o importe da matrícula.

  38. Se fixen a solicitude de preinscrición e fun admitido, devólvese a matrícula aboada se cancelo a solicitude? Non, só se devolve a matrícula nos casos que se indican nas condicións de preinscrición en liña.

  39. Que pasa se deixo a residencia á metade do curso e non estou os 9 meses (estancias de curso completo)? Nese caso, perderías o importe da fianza e regularizaríase o prezo da estancia.

  40. Como saberei que fun admitido? Visitando a lista de admitidos publicada na páxina www.resa.es. Se estás admitido/a, a partir do 22 de xullo recibirás por correo electrónico a carta de admisión e as claves de acceso á zona de usuarios da web de RESA para aceptar o contrato de aloxamento en liña. Para formalizar a túa reserva definitivamente é imprescindible que aceptes o contrato en liña e que envíes a documentación solicitada na carta de admisión antes de rematar o mes de agosto.

  41. É obrigatorio poñer os datos da tarxeta de crédito na reserva da aloxamento diario ou  verán? Si, é imprescindible para garantir a reserva e cubrir posibles penalizacións (anulacións realizadas nun prazo inferior ás 48 horas anteriores ao día de entrada e danos nas instalacións e equipamento da residencia).

Residencia para universitarios Siglo XXI

A Zapateira, s/n
(xunto ao Club de Golf)
15008 A Coruña
Teléfono: 981 189 000
Fax: 981 131 333
Enderezo electrónico:  sigloxxi@resa.es

 

Comparte cos amigos

Facebook
Tuenti

Instalacións e servizos

  • cta_webin_tv

    Salas de TV e DVD
  • cta_webin_computer

    cyber corner con acceso a internet e impresora
  • cta_webin_gym

    Ximnasio
  • cta_webin_study

    Salas de estudo
  • cta_webin_sport

    Pista deportiva
  • cta_webin_games

    Sala de xogos
  • cta_webin_laundry

    Lavandaría
  • cta_webin_dinning

    Comedor
  • cta_webin_vending

    Servizo de venda automática
  • cta_webin_swimming

    Piscina
  • cta_webin_press

    Prensa diaria
  • cta_webin_reception

    Servizo de recepción
  • cta_webin_cleaning

    Servizo de limpeza
  • cta_webin_transport

    Servizo de transporte ao campus
  • cta_webin_maintenance

    Servizo de mantemento
  • cta_webin_monitoring

    Servizo de conserxería
Oficinas centrais: Roger de Llúria, 118, 1º - 08037 Barcelona - Tel: 93 238 48 00 - Fax: 93 218 32 50 - resa@resa.es - www.resa.es
Seguridade na web e política de privacidade | Aviso legal e condicións xerais | Formulario de suxestións | Créditos