Por que elixir unha residencia RESA para vivir?
| Aprobaches as PAU e decidiches que estudarás fóra da casa. Tamén elixiches a universidade e a carreira que queres estudar. Agora empeza unha nova aventura: atopar aloxamento. Seguramente non o tes moi claro e non te dás decidido entre as opcións que tes e que poderían resumirse en tres:
|
| Se optas por vivir nunha residencia do Grupo RESA non tes que preocuparte por buscar piso nin compañeiros para compartilo, nin por ter que dar de alta a luz e o gas, nin facerte cargo do mantemento, etc. Nós ocupámonos de todo iso e máis, para que ti non teñas que preocuparte de nada. Todas as residencias do Grupo RESA son mixtas e permanecen abertas todo o día, polo que non tes limitacións horarias. Todo isto permitirache xestionar o teu tempo e a túa vida na universidade. |
Elixe a túa residencia Resa
Necesitas tener instalado Flash 8.
Si lo deseas, puedes elegir la residencia de tu interés mediante los menús desplegables que tienes a continuación.
Nós queremos poñercho máis fácil: vivir en RESA
Máis ca un sitio para durmir, as nosas residencias ofrécenche a posibilidade de coñecer e compartir experiencias con outros estudantes sen renunciar á comodidade da independencia.
Este é o concepto RESA
Dormitorios individuais e dobres con baño e cociña pensados para facerche a vida de estudante máis sinxela. No teu cuarto tes todo o necesario para vivir e gozar da túa intimidade, e nos espazos comúns poderás coñecer e relacionarte con outros estudantes cando che apeteza. Elixe onde queres vivir e coñece as nosas residencias!




