instalacións e servizos
Vivir na residencia | cuartos | Prezos | instalacións e servizos | localización | preguntas frecuentes | aloxamento diario | aloxamento verán | aloxamento para grupos
| |
Instalacións e servizos da Residencia As Burgas na Ourense
Seguro que algunha vez imaxinaches vivir nun lugar no que puideses compartir momentos con amigos e compañeiros e ter todo o necesario ao teu alcance.
Así é a Residencia Universitaria As Burgas, onde atoparás numerosas instalacións e servizos pensados para facer a túa estancia o máis cómoda posible.
Vivir nesta residencia de estudantes é algo máis ca vivir nun cuarto, é un lugar para convivir e compartir experiencias que enriquecerán a túa etapa universitaria Esta dispón ademais de diversos espazos comúns para fomentar a vida social e académica dos estudantes, así como todos os servizos necesarios para facer a vida universitaria moito máis fácil.
Instalacións:
- Sala de TV e DVD
- Ximnasio
- Salas de estudo
- Sala de xogos
- Lavandería autoservizo. Funciona con fichas: 1,5 € a lavadora e 1,5 € a secadora.
- Aparcadoiro
- Aparcadoiro de bicicletas
- Sala de fotografía
- Cuartos adaptados
Servizos:
- Servizos de venda automática: máquinas expendedoras de comida e bebida.
- Prensa diaria: a residencia está subscrita aos xornais Marca, La Región e La Voz de Galicia .
- Dirección e recepción: o horario de atención ao público é de luns a venres de 8 a 14 h e de 16 a 18 h. En recepción sempre haberá alguén disposto a axudarche.
- Servizo de limpeza das zonas comúns: o cuarto é responsabilidade túa, aínda que se o prefires tes a opción de contratar o servizo de limpeza semanal.
- Servizo de mantemento: de luns a venres de 14 a 22 h. Se algo se avaría, avísanos e solucionarémolo o antes posible.
- Conserxería nocturna e fin de semana: de luns a mércores de 22 a 7 h, os xoves de 22 a 8 h, os venres de 22 a 9 e as fins de semana e festivos, as 24 h.
- Servizo de préstamo: ferros e táboas de pasar, aspiradores e xogos de mesa. Se deixas o teu carné na recepción, prestámoschos, así non tes que traer nada da casa e non ocupa espazo no teu cuarto.
Servizos opcionais: son servizos que se poden contratar á parte.
Prezos vixentes 01/09/12 - 30/06/13. IVE incluído (10%).
- Servizo semanal de limpeza do cuarto (excepto cociña): 33,25 €/mes.
- Servizo semanal de entrega de sabas e toallas: 40,43 €/mes.
- Aparcadoiro de coches: 45 €/mes.
- Aparcadoiro de motos: 19 €/mes.
- Aparcadoiro de bicicletas gratuíto.
Complexo Residencial As Burgas
Avda. Alfonso Rodríguez Castelao, 26
Campus Universitario As Lagoas
32004 Ourense
Teléfono: 988 010 400
Fax: 988 010 401
Correo e.: asburgas@resa.es
Instalacións e servizos
cta_webin_tv

cta_webin_gym

cta_webin_study

cta_webin_games

cta_webin_laundry

cta_webin_parking

cta_webin_vending

cta_webin_photos

cta_webin_adapted

cta_webin_press

cta_webin_reception

cta_webin_cleaning

cta_webin_maintenance

cta_webin_monitoring







