Instalacións e servizos do Complexo Residencial O Castro na Vigo
Seguro que algunha vez imaxinaches vivir nun lugar no que puideses compartir momentos con amigos e compañeiros e ter todo o necesario ao teu alcance. Así é a residencia universitaria O Castro, onde atoparás numerosas instalacións e servizos pensados para facer a túa estancia o máis cómoda posible.
Vivir na residencia de estudantes O Castro é algo máis ca vivir nun cuarto, é un lugar para convivir e compartir experiencias que enriquecerán a túa etapa universitaria
Instalacións:
- Sala de TV e DVD
- Ximnasio
- Salas de estudo
- Sala de xogos
- Lavandería autoservicio (funciona con fichas: 1,5 € a lavadora e 1,5 € a secadora)
- Caixa de correos persoal
- Dormitorios adaptados
Servizos:
- Servizo de vendas automáticas: máquinas expendedoras de comida e bebida.
- Prensa diaria: a residencia está subscrita aos xornais La Voz de Galicia e Faro de Vigo .
- Dirección e recepción: o horario de atención ao público é de luns a venres de 9 a 15 h.
- Servizo de limpeza das zonas comúns: o cuarto é responsabilidade túa, aínda que se o prefires tes a opción de contratar o servizo de limpeza semanal.
- Servizo de mantemento: de luns a venres de 9 a 13 h e de 15 a 19 h. Se algo se avaría, avísanos e solucionarémolo o antes posible.
- Conserxería nocturna e de fin de semana: de luns a venres de 19 a 8 h e as fins de semana e festivos, as 24 h.
- Servizo de préstamo: ferros e táboas de pasar, aspiradores e xogos de mesa. Se deixas o teu carné na recepción, prestámoschos, así non tes que traer nada da casa e non ocupa espazo no teu cuarto.
- Servizo de préstamo de computadores portátiles.
- Internet Wi-Fi nas zonas comúns
Servizos opcionais: son servizos que se poden contratar á parte.
- Servizo semanal de limpeza da cuarto (excepto cociña): 32,65 €/mes
- Servizo semanal de entrega de sabas e toallas: 39,70 €/mes
Prezos vixentes 01/09/12 - 31/08/13. IVE incluído.
Servizos do Campus Universitario Lagoas-Marcosende
Ademais das instalacións e servizos da residencia, poderás gozar dos equipamentos do complexo comercial Cidade Universitaria.
- Zona comercial con panadaria, libraría, servizos bancarios, restauración?
- Instalacións deportivas. Con piscina, sala cardio-fitness, sala de actividades dirixidas, sauna, jacuzzi, solario, etc.