Volver al inicio

preguntas frecuentes

Vivir na residencia | dormitorios prezos instalacións e servizos actividades localización preguntas frecuentes aloxamento diario aloxamento verán aloxamento grupos

 1. Podo escoller cuarto?
  2. A residencia proporciona as sabas e as toallas?
  3. Hai teléfono, TV e TDT no cuarto?
  4. Podo levar televisión e equipo HI-FI?
  5.Nos cuartos hai microondas?
  6. Podo sacar do cuarto o mobiliario de RESA que non vaia utilizar?
  7. Hai conexión Wi-Fi?
  8. Hai impresora na sala de informática?
  9. Hai comedor na residencia?
  10. Hai servizo de limpeza de cuartos?
  11. Hai servizo de recollida de lixo?
  12. A residencia pecha nos períodos de vacacións?
  13. En que data e horarios se pode entrar na residencia unha vez que se está admitido/a?
  14. Podo quedar na residencia durante as vacacións de Nadal e Semana Santa? E durante as vacacións de verán?
  15. Que é a bolsa de aloxamento e como a podo solicitar?
  16. Pode vir unha amiga ou amigo a estudar ou a comer á residencia?
  17. Dispón a residencia dalgún lugar onde deixar cousas no verán?
  18. Hai horarios de entrada e saída? A residencia pecha a algunha hora?
  19. Teño que entregar a chave cada vez que me vou da residencia ou a fin de semana?
  20. Hai comedores universitarios preto da residencia?
  21. A residencia está ben comunicada coa central de autobuses e a estación de RENFE?
  22. Hai centros deportivos preto?
  23. Hai supermercados preto da residencia?
  24. Onde teño que ir se necesito asistencia sanitaria?
  25. Onde está a biblioteca máis próxima?
  26. Son estranxeiro e non teño número de conta corrente en España. Como podo abrir unha conta desde aquí?
  27. O prezo mensual inclúeo todo?
  28. Ao abandonar a residencia, canto tardan en facer a devolución da fianza?
  29. Podo inscribirme na residencia se non vou estudar na Universidade de Vigo?
  30. Podedes asegurarme que terei praza na residencia se cubro o formulario de preinscrición e fago o pagamento da matrícula no prazo indicado?
  31. Se fixen a solicitude de preinscrición e fun admitido, devólvese a matrícula aboada se cancelo a solicitude?
  32. Que pasa se deixo a residencia á metade do curso e non estou os 10 meses (estancias de curso completo)? 33. Como saberei que fun admitido?
  33. Como saberei que fun admitido?
  34. Cal é o proceso de selección?
  35. Como se pagan as mensualidades?
  36. É obrigatorio poñer os datos da tarxeta de crédito na reserva?

  1. Podo escoller cuarto? Podes indicar as túas preferencias, pero a asignación faraa a directora da residencia.

  2. A residencia proporciona as sabas e as toallas? Se vas facer unha estancia de curso completo ou intermedia, non se proporcionan, polo que terás que traer as túas, aínda que se o desexas podes contratar este servizo extra ao solicitar a praza, tal e como se indica na solicitude de preinscrición.
 Para estancias diarias (días ou semanas) a limpeza e entrega de sabas e toallas está incluída no prezo.

  3. Hai teléfono, TV e TDT no cuarto? Os cuartos non dispoñen de TV pero si de antena de TV, e a antena colectiva está adaptada para que en cada cuarto se poida ver a TDT; para iso é preciso que cada residente teña un descodificador. Todos os cuartos teñen tamén teléfono.

  4. Podo levar televisión e equipo HI-FI? Si, no teu cuarto podes ter radio, TV ou equipos audiovisuais propios (un só aparato de cada tipo por persoa), pero só se poderán escoitar con cascos ou nun volume non audible polo compañeiro ou veciño de cuarto.

  5. Nos cuartos hai microondas? Si.

6. Podo sacar do cuarto o mobiliario de RESA que non vaia utilizar? Non.

7. Hai conexión Wi-Fi? Non, a conexión que utilizamos na residencia é de banda larga. Tes conexión á Internet no teu cuarto.

8. Hai impresora na sala de informática? Si, hai una impresora para uso académico.

9. Hai comedor na residencia? Xa que todos os cuartos están equipados coa súa propia cociña, a residencia non dispón de servizo de comedor.

10. Hai servizo de limpeza de cuartos? Cada residente encárgase da limpeza do seu cuarto, pero se o desexas podes contratar un servizo de limpeza á parte. Pola contra, se te aloxas na residencia por uns días, a limpeza e o cambio de toallas e sabas si están incluídos no prezo.

  11.Hai servizo de recollida de lixo? Non, cada residente debe ocuparse de depositar o lixo nuns contedores situados no exterior da residencia.

  12. A residencia pecha nos períodos de vacacións? Non, permanece aberta todo o ano.

  13. En que data e horarios se pode entrar na residencia unha vez que se está admitido/a? A partir do día en que empeza o contrato, previo aviso á dirección por teléfono ou correo electrónico.
 Pode ser en fin de semana? Non, a entrada debe ser en día laborable e en horario de oficina, de 8 a 16 h.

  14. Podo quedar na residencia durante as vacacións de Nadal e Semana Santa? Xa que a residencia non pecha en ningún momento do ano, poderás permanecer nela durante todo o tempo que dura o teu contrato.
 E durante as vacacións de verán? Si. Non obstante, é necesario comunicarllo con antelación á responsable e prorrogar o teu contrato os días ou meses que precises.

  15. Que é a bolsa de aloxamento e como a podo solicitar? A bolsa de aloxamento é unha subvención da universidade para a estancia dos estudantes que cumpran uns requisitos determinados. A solicitude da bolsa de aloxamento debe facerse conxuntamente coa solicitude de praza na residencia e, para iso, debe presentarse a mesma documentación esixida na convocatoria. No caso de non estar interesado debe sinalarse esta opción no formulario de solicitude de residencias da Universidade de Vigo.

  16. Pode vir unha amiga ou amigo a estudar ou a comer á residencia? Os residentes poderán ser visitados por familiares, compañeiros ou amigos alleos á residencia, sempre que se responsabilicen do seu comportamento. As visitas deberán dirixirse ao persoal da residencia para identificarse, rexistrarse e solicitar a presenza da persoa que desexen ver, e esta deberá presentarse no despacho da administración para facerse cargo do visitante. En ningún caso deben permanecer as visitas na residencia despois das 12 da noite; en caso de non comunicar a saída antes desta hora, entenderase que a visita pasou a noite na residencia e sancionarase ao residente coa expulsión da residencia.
 E poden quedar familiares ou amigos a durmir comigo no meu cuarto? Non, en casos excepcionais e previa solicitude á directora, pódese autorizar e poñer unha cama supletoria na cuarto, que deberá aboarse en recepción.

  17. Dispón a residencia dalgún lugar onde deixar cousas no verán? Non, ao acabar o teu contrato deberás desaloxar completamente o cuarto.

  18. Hai horarios de entrada e saída? A residencia pecha a algunha hora? Os residentes non teñen horario de entrada nin de saída, cada residente ten unha chave da porta de entrada á residencia e outra do seu cuarto para entrar e saír cando queira.

  19. Teño que entregar a chave cada vez que me vou da residencia ou a fin de semana? Non, podes levala contigo, aínda que, se queres, podes deixala en recepción.

  20. Hai comedores universitarios preto da residencia? Si, temos varias facultades preto e todas elas teñen comedores universitarios.

  21. A residencia está ben comunicada coa central de autobuses e a estación de RENFE? Si. Tes a liña C15 (estación do tren) e a 8 que funcionan toda a semana. No período lectivo, ademais, están as lanzadeiras U1 e a U2, esta última pasa pola estación de autobuses.

  22. Hai centros deportivos preto? Si, a zona deportiva da universidade e o centro deportivo xestionado por Gaia. Podes ir a estas ligazóns deportes.uvigo.es e www.gaiagd.com.

  23. Hai supermercados preto da residencia? Hai unha tenda de comestibles na zona comercial.

  24. Onde teño que ir se necesito asistencia sanitaria? Ao chegar á residencia debes acudir a un centro de saúde e solicitar que che asignen un médico de desprazados. Máis información en www.sergas.es e www.uvigo.es, no departamento de Extensión Cultural e Estudantes.

  25. Onde está a biblioteca máis próxima? A cinco minutos da residencia camiñando está a Biblioteca Central da Universidade.

  26. Son estranxeiro e non teño número de conta corrente en España. Como podo abrir unha conta desde aquí? Unha vez chegues a España, informarémoste das entidades financeiras nas que a podes abrir.

  27.O prezo mensual inclúeo todo? No prezo mensual inclúense o  aloxamento, o acceso á Internet, a liña de teléfono (recepción e chamadas internas) e o IVE. Non inclúe os consumos de auga e electricidade nin a contratación de servizos opcionais (limpeza do cuarto e entrega de sabas e toallas) e as chamadas de teléfono ao exterior do edificio.

  28. Ao abandonar a residencia, canto tardan en facer a devolución da fianza? A partir de dous meses desde o día de saída da residencia.

  29. Podo inscribirme na residencia se non vou estudar na Universidade de Vigo? Si, se aínda dispoñemos de prazas libres tras a publicación da lista definitiva de admitidos.

  30. Podedes asegurarme que terei praza na residencia se cubro o formulario de preinscrición e fago o pagamento da matrícula no prazo indicado? Non, a praza outórgaa a Universidade de Vigo en función dos requisitos esixidos na convocatoria e, polo tanto, son eles os que deciden e confeccionan a lista de admitidos.

  31. Se fixen a solicitude de preinscrición e fun admitido, devólvese a matrícula aboada se cancelo a solicitude? Non, só se devolve a matrícula nos casos que se indican nas condicións de preinscrición en liña.

  32. Que pasa se deixo a residencia á metade do curso e non estou os 10 meses (estancias de curso completo)? Nese caso, perderías o importe da fianza e regularizaríase o prezo de curso ao prezo de estancias intermedias.

  33. Como saberei que fun admitido? Visitando a lista de admitidos publicada na páxina www.resa.es e na web da Universidade de Vigo. Se estás admitido/a, recibirás por correo electrónico a carta de admisión e as claves de acceso á zona de usuarios da web de RESA para aceptar o contrato de aloxamento en liña. Para formalizar a túa reserva definitivamente é imprescindible que aceptes o contrato en liña e que envíes a documentación solicitada na carta de admisión antes de rematar o mes de agosto.

  34. Cal é o proceso de selección? O proceso de selección vén recollido na convocatoria da Universidade de Vigo.

  35. Como se pagan as mensualidades? A través de domiciliación bancaria entre os días 1 e 5 de cada mes.

  36.  É obrigatorio poñer os datos da tarxeta de crédito na reserva? Si, é imprescindible para garantir a reserva e cubrir posibles penalizacións (anulacións realizadas nun prazo inferior ás 24 horas anteriores ao día de entrada e danos nas instalacións e equipamento da residencia).

Complexo Residencial O Castro

Rúa Xeración Nos, 4
Campus Universitario Lagoas-Marcosende
36310 Vigo
Teléfono: 986 031 000
Fax: 986 031 001
ocastro@resa.es

 

Comparte cos amigos

Facebook
Tuenti

Instalacións e servizos

  • cta_webin_tv

    Salas de TV e DVD
  • cta_webin_gym

    Ximnasio
  • cta_webin_study

    Salas de estudo
  • cta_webin_games

    Sala de xogos
  • cta_webin_laundry

    Lavandaría
  • cta_webin_mailbox

    Caixa de correos persoal
  • cta_webin_vending

    Servizo de venda automática
  • cta_webin_adapted

    Cuartos adaptados
  • cta_webin_press

    Prensa diaria
  • cta_webin_reception

    Servizo de recepción
  • cta_webin_cleaning

    Servizo de limpeza
  • cta_webin_maintenance

    Servizo de mantemento
  • cta_webin_monitoring

    Servizo de conserxería
Oficinas centrais: Roger de Llúria, 118, 1º - 08037 Barcelona - Tel: 93 238 48 00 - Fax: 93 218 32 50 - resa@resa.es - www.resa.es
Seguridade na web e política de privacidade | Aviso legal e condicións xerais | Formulario de suxestións | Créditos