Volver al inicio

Siglo XXI

Vivir na residencia | dormitorios novos prezos Bolsas aloxamento Instalacións e servizos comedor actividades localización Preguntas más frecuentes aloxamento diario Aloxamento verán Aloxamento para grupos

reservas veran a coruña
 
dormitorio individuai a coruña
 
dormitorio individuai siglo xxi
 
reservas veran a coruña
 

Aloxamento verán na Residencia Siglo XXI, a alternativa a un hotel ou un apartamento na Coruña

A Coruña é un balcón cara ao Atlántico. Unha cidade con máis de 2000 anos de historia, na que poderás gozar tanto da súa cidade como do seu medio natural e que farán da Coruña a cidade ideal para pasar as túas vacacións.

Este verán goza das túas  vacacións na Coruña, na Residencia Siglo XXI. Dispoñemos de cuartos individuais ou dobres con baño. Ademais, dámosche a opción de elixir entre aloxamento e almorzo, media pensión ou pensión completa.

A Residencia Siglo XXI é algo máis que un hotel na Coruña ou un apartamento de alugueiro. Destaca polas súas instalacións, así como polo bo ambiente e trato familiar. Encóntrase no monte da Zapateira, xunto ao campo de golf, desde onde poderás gozar dunhas fantásticas vistas, así como gozar das súas instalacións deportivas e piscina.

A residencia dispón dun servizo de transporte en autobús que conecta a residencia co centro da Coruña (Praza de Pontevedra) e a praia de Santa Cristina, de area branca, con augas tranquilas, ideal para o baño e os deportes acuáticos.  Horarios autobús xullo e agosto.

Contacta connosco para reservar este verán as túas vacacións na Coruña.

 

Aloxamento durante todo o ano...

A residencia, ofrece varias fórmulas de aloxamento. Ademais das estancias de longa duración (curso académico, semestre, trimestre, etc.), dispón de habitacións individuais e dobres para aloxarse por períodos inferiores a un mes durante os meses de setembro a xuño (excepto en Nadal).

Prezos

Aloxamento de verán (01/07/12 - 31/08/12)

Tarifa diaria Aloxamento e almorzo Media pensión Pensión completa
Dormitorio individual 32,50 € 43,50 € 54,50 €
Dormitorio dobre 63,00 € 85,00 € 107,00 €
Prezo por habitación/noite. IVE incluído. Inclúe: aloxamento, réxime de pensión elixido, limpeza diaria do dormitorio, lavandaría de cama e baño.
Ofertas  
  • Tarifa nenos de 0-2 anos: gratuíto
  • Tarifa nenos de 3 a 12 anos (compartindo habitación cos seus familiares): 17 €
  • Tarifa nenos de 13 -16 anos: 50% do prezo dun adulto.
 

Prezos comedor

  Adultos Nenos (2-12)
Almorzo 3,80 € 3,80 €
Xantar 11,60 € 5,80 €
Cea 11,60 € 5,80 €
Prezo por unidad. IVE incluído.

Ver o  menú

Servizos opcionais

  •  Cama supletoria: 22 €/persoa/noite, segundo dispoñibilidade.
 

Instalacións e servizos

  • Salas de TV e DVD
  • Ximnasio
  • Sala de xogos
  • Lavandaría
  • Comedor (horario de verán)
  • Cafetaría (xullo e agosto)
  • Piscina (de maio a agosto)
  • Servizo de transporte en autobús
  • Servizo de venda automática
  • Prensa diaria
  • Servizo de recepción
  • Servizo de limpeza do dormitorio
  • Servizo de conserxería

Cuartos

  • Baño privado
  • Teléfono
  • Conexión a Internet wifi
  • Escritorio
  • Camas supletorias

Residencia para universitarios Siglo XXI

A Zapateira, s/n
(xunto ao Club de Golf)
15008 A Coruña
Teléfono: 981 189 000
Fax: 981 131 333
Enderezo electrónico:  sigloxxi@resa.es

 

Comparte cos amigos

Oficinas centrais: Roger de Llúria, 118, 1º - 08037 Barcelona - Tel: 93 238 48 00 - Fax: 93 218 32 50 - resa@resa.es - www.resa.es
Seguridade na web e política de privacidade | Aviso legal e condicións xerais | Formulario de suxestións | Créditos