Vivir na residencia | dormitorios | novos prezos | Bolsas aloxamento | Instalacións e servizos | comedor | actividades | localización | Preguntas más frecuentes | aloxamento diario | Aloxamento verán | Aloxamento para grupos
Goza na Coruña durante uns días na residencia Siglo XXI. Nela vas atopar toda a calidade, os servizos e a tranquilidade que poidas imaxinar. Dispón de dormitorios individuais e dobres con baño, e conexión wifi a Internet de balde. Podes facer a reserva por días ou por semanas na cidade da Coruña. Completan a oferta os xardíns e a piscina ao aire libre.
A residencia Siglo XXI está situada na ladeira do monte da Zapateira, próxima ao Real Club de Golf da Coruña. O seu contorno privilexiado, en plena natureza, ofrece o espazo necesario para gozar duns días de descanso.
A localización da residencia permite gozar dos atractivos turísticos da cidade, xa que está a 10 minutos en coche do centro da Coruña e cerca tamén de praias coma a do Orzán, Riazor, Bastiagueiro ou Santa Cristina. Siglo XXI dispón tamén dun servizo de transporte propio en autobús, que conecta a residencia cos campus da Universidade da Coruña e co centro histórico.
Consulta as tarifas de xullo e agosto para reservar a túa habitación en Siglo XXI, e goza da natureza e as praias galegas durante o verán.
| Tarifa diaria | Aloxamento e almorzo | Media pensión | Pensión completa |
| Dormitorio individual | 21,10 € | 26,10 € | 31,10 € |
| Dormitorio dobre | 36,00 € | 46,00 € | 56,00 € |
| Tarifa mensual | Aloxamento e almorzo | Media pensión |
| Dormitorio individual | 546* € | 638* € |
| Dormitorio dobre | 397* € | 500 * € |
| Prezos comedor |
Ver o menú |
A Zapateira, s/n
(xunto ao Club de Golf)
15008 A Coruña
Teléfono: 981 189 000
Fax: 981 131 333
Enderezo electrónico: sigloxxi@resa.es