Instalacións e servizos da Residencia Siglo XXI na Coruña
Seguro que algunha vez imaxinaches vivir nun lugar no que puideses compartir momentos con amigos e compañeiros e ter todo o necesario ao teu alcance.
Así é a residencia universitaria Siglo XXI, onde atoparás numerosas instalacións e servizos pensados para facer a túa estancia o máis cómoda posible.
Vivir na residencia universitaria Siglo XXI é algo máis ca vivir nun cuarto, é un lugar para convivir e compartir experiencias que enriquecerán a túa etapa universitaria. A nosa residencia na Coruña goza de todos os servizos incluídos, entre os que salientamos a limpeza do dormitorio e a pensión completa no comedor, así como o servizo de transporte en autobús que conecta a residencia cos campus da Universidade da Coruña e co centro da cidade.
Instalacións
- Sala de lecer con TV, Wii, futbolín, zona de estar
- Novo equipamento da sala de Fitness
- Salas de TV e DVD
- Ximnasio
- Salas de estudo
- Pista deportiva (baloncesto, fútbol e voleibol)
- Sala de xogos
- Lavandaría
- Comedor
- Cafetaría (xullo e agosto)
- Piscina (de maio a agosto)
Servizos:
- Servizo de venda automática Máquinas expendedoras de comida e bebidas
- Prensa diaria A residencia está subscrita aos xornais El País, El Correo Gallego, El Ideal, La Voz de Galicia, El Mundo, ABC, La Opinión de A Coruña y Marca.
- Dirección e recepción O horario de atención ao público é de luns a venres de 08.00 a 22.00 h, os sábados de 08.00 a 13.00 h e os domingos de 17.00 a 22.00 h. En recepción sempre haberá alguén disposto a axudarte.
- Servizo de limpeza A residencia dispón de persoal de limpeza que se encarga das zonas comúns e dos dormitorios. A habitación é responsabilidade túa aínda que, se o prefires, podes contratar opcionalmente o servizo de limpeza semanal con cambio de sabas e toallas
- Servizo de mantemento De luns a venres de 10.00 a 13.30 h. Se algo se estraga, avísanos e solucionaremos a avaría o antes posible.
- Conserxería nocturna e fin de semana. De luns a domingo de 22.00 a 8.00 h.
- Servizo de préstamo Ferro de pasar, táboa de pasar o ferro, aspirador e xogos de mesa. Se deixas o teu carné na recepción, prestámoschos, así non tes que traer nada da casa e non ocupan espazo no teu dormitorio.
- Servizo de comedor con novo equipamento e menú (curso 2012/13). Inclúe: almorzo (de 07:30 a 10:30 h), comida (de 13:30 a 15:30 h) e cea (de 21:30 a 22:45 h). Durante as fins de semana e festivos o comedor ten un horario máis reducido do habitual, que deberás consultar coa dirección da residencia. Consulta o menú .
- Servizo de transporte. A residencia dispón dun servizo de transporte aos campus universitarios e á cidade da Coruña. Consulta os horarios do autobús da 2011/12.
- Servizo de lavandaría A lavandaría da residencia custa 4 € e inclúe un lavado e un secado. Por outra banda, existe a posibilidade de contratar a lavandaría externa: unha bolsa de 4 kg de roupa devólvese lavada e co ferro pasado por 8,70 €.
- Servizo de Internet wifi en toda a residencia.
- Préstamo de computadores portátiles
- Novo! Canal + Liga
Prezos vixentes (01/10/12 - 31/08/13). IVE incluído.
Consulta as novidades de Siglo XXI para o próximo curso 2012/13.