Vivir na residencia | dormitorios | novos prezos | Bolsas aloxamento | Instalacións e servizos | comedor | actividades | localización | Preguntas más frecuentes | aloxamento diario | Aloxamento verán | Aloxamento para grupos
| A Residencia para universitarios Siglo XXI está situada no monte da Zapateira, ao lado do Club de Golf, no termo municipal de Culleredo |
| Como chegar á Residencia Siglo XXI ? |
| 1. En avión: o aeroporto está situado a 8 km do centro da Coruña. Para chegar á residencia podes coller un taxi, co que tardarás 10 minutos y hache custar uns 8 €. |
|
2. En autobús: na estación de autobuses da Coruña hanche informar sobre as liñas e os horarios. R/ Caballeros, s/n. Teléfono: 981 184 335. O servizo de transporte da residencia pasa pola estación de autobuses. A residencia dispón dun servizo de transporte gratuíto cara aos campus da Zapateira (5 minutos), Elviña (10 minutos) e a cidade da Coruña (15 minutos). |
| 3. En tren: na páxina web de Renfe: www.renfe.es podes consultar os horarios dos trens que van á Coruña. |
| 4. En coche: tanto se vés pola Nacional VI ou a AP9, has desembocar na avenida Alfonso Molina, a entrada principal á Coruña. Nesta avenida debes facer un cambio de sentido; coller a terceira rúa á dereita, saída de Arteixo. De novo en Alfonso Molina, no sentido da saída da cidade polo carril da dereita, atoparás un letreiro de desvío á estrada da Zapateira que debes subir durante 5 km ata atopar un desvío a 300 metros do Club de Golf. No lado esquerdo atoparás a residencia. |
A Zapateira, s/n
(xunto ao Club de Golf)
15008 A Coruña
Teléfono: 981 189 000
Fax: 981 131 333
Enderezo electrónico: sigloxxi@resa.es















