Volver al inicio

instalacións e servizos

Vivir na residencia | cuartos Prezos instalacións e servizos actividades localización preguntas frecuentes aloxamento diario aloxamento verán aloxamento para grupos

 

 

 

Instalacións e servizos da Residencia As Burgas na Ourense

Seguro que algunha vez imaxinaches vivir nun lugar no que puideses compartir momentos con amigos e compañeiros e ter todo o necesario ao teu alcance.

Así é a Residencia Universitaria As Burgas, onde atoparás numerosas instalacións e servizos pensados para facer a túa estancia o máis cómoda posible.

Vivir nesta residencia de estudantes é algo máis ca vivir nun cuarto, é un lugar para convivir e compartir experiencias que enriquecerán a túa etapa universitaria Esta dispón ademais de diversos espazos comúns para fomentar a vida social e académica dos estudantes, así como todos os servizos necesarios para facer a vida universitaria moito máis fácil.

Instalacións:

  •  Sala de TV e DVD
  •  Ximnasio
  •  Salas de estudo
  •  Sala de xogos
  •  Lavandería autoservizo. Funciona con fichas: 1,5 € a lavadora e 1,5 € a secadora.
  •  Aparcadoiro
  •  Aparcadoiro de bicicletas
  •  Sala de fotografía
  •  Cuartos adaptados

 Servizos:

  •  Servizos de venda automática: máquinas expendedoras de comida e bebida.
  •  Prensa diaria: a residencia está subscrita aos xornais  Marca,    La Región  e     La Voz  de Galicia .
  •  Dirección e recepción: o horario de atención ao público é de luns a venres de 8 a 14 h e de 16 a 18 h. En recepción sempre haberá alguén disposto a axudarche.
  •  Servizo de limpeza das zonas comúns: o cuarto é responsabilidade túa, aínda que se o prefires tes a opción de contratar o servizo de limpeza semanal.
  •  Servizo de mantemento: de luns a venres de 14 a 22 h. Se algo se avaría, avísanos e solucionarémolo o antes posible.
  •  Conserxería nocturna e fin de semana: de luns a mércores de 22 a 7 h, os xoves de 22 a 8 h, os venres de 22 a 9 e as fins de semana e festivos, as 24 h.
  •  Servizo de préstamo: ferros e táboas de pasar, aspiradores e xogos de mesa. Se deixas o teu carné na recepción, prestámoschos, así non tes que traer nada da casa e non ocupa espazo no teu cuarto.

Servizos opcionais: son servizos que se poden contratar á parte.

Prezos vixentes 01/09/12 - 30/06/13. IVE incluído.
  •  Servizo semanal de limpeza do cuarto (excepto cociña): 32,65 €/mes.
  •  Servizo semanal de entrega de sabas e toallas: 39,70 €/mes.
  •  Aparcadoiro de coches: 45 €/mes.
  •  Aparcadoiro de motos: 19 €/mes.
  •  Aparcadoiro de bicicletas gratuíto.

Complexo Residencial As Burgas

Avda. Alfonso Rodríguez Castelao, 26
Campus Universitario As Lagoas
32004 Ourense
Teléfono: 988 010 400
Fax: 988 010 401
Correo e.: asburgas@resa.es

 

Comparte cos amigos

Facebook
Tuenti

Instalacións e servizos

  • cta_webin_tv

    Salas de TV e DVD
  • cta_webin_gym

    Ximnasio
  • cta_webin_study

    Salas de estudo
  • cta_webin_games

    Sala de xogos
  • cta_webin_laundry

    Lavandaría
  • cta_webin_parking

    Aparcadoiro
  • cta_webin_vending

    Servizo de venda automática
  • cta_webin_photos

    Sala de fotografía
  • cta_webin_adapted

    Cuartos adaptados
  • cta_webin_press

    Prensa diaria
  • cta_webin_reception

    Servizo de recepción
  • cta_webin_cleaning

    Servizo de limpeza
  • cta_webin_maintenance

    Servizo de mantemento
  • cta_webin_monitoring

    Servizo de conserxería
Oficinas centrais: Roger de Llúria, 118, 1º - 08037 Barcelona - Tel: 93 238 48 00 - Fax: 93 218 32 50 - resa@resa.es - www.resa.es
Seguridade na web e política de privacidade | Aviso legal e condicións xerais | Formulario de suxestións | Créditos