Volver al inicio

localización

Vivir na residencia | cuartos Prezos instalacións e servizos actividades localización preguntas frecuentes aloxamento diario aloxamento verán aloxamento para grupos


O Complexo Residencial As Burgas encóntrase xunto ao Campus Universitario As Lagoas, onde están as facultades de Historia, Ciencias, Dereito, Ciencias Empresariais e Turismo, Ciencias da Educación, Enxeñaría Técnica e Informática.
 
 Como chegar ao Complexo Residencial As Burgas?
 
1. En avión: o aeroporto máis próximo a Ourense é o aeroporto de Peinador, situado a 10 km de Vigo e a unha hora aproximadamente en coche da cidade de Ourense (autovía A2). Tamén podes ir de Vigo a Ourense en tren ou en autobús.
2. En autobús: na estación de autobuses de Ourense informarante sobre as liñas e os horarios. Teléfono: 988 216 027.
3. En tren: na páxina web de Renfe (www.renfe.es) podes consultar os horarios dos trens que van a Ourense.

4. En coche:

  •  Se vés desde Vigo tes que coller a autovía A2, en dirección Ourense.
  •  Se vés desde Santiago de Compostela podes coller a nacional 525 ou a autoestrada AP‑53.
  •  Se vés desde  Lugo tes que coller a nacional 540 durante 80 km e despois a nacional 525 durante 9 km.
  •  Finalmente, se vés desde A Coruña, podes coller a AP‑9 ata Santiago e despois realizar o percorrido Santiago‑Ourense de acordo coas indicacións anteriores.

Cando chegues á cidade debes seguir todas as indicacións que hai ata o Campus Universitario As Lagoas.

 
 Desprazarse por Ourense
 
O xeito máis práctico, económico e ecolóxico de moverse por Ourense é andando, xa que a residencia está a 10 minutos a pé do centro da cidade. Non obstante, o autobús número 10 ten unha parada no campus universitario próxima á residencia.
 Outra forma de desprazarse por Ourense é en bicicleta. A residencia dispón de aparcadoiro gratuíto. Tamén o concello creou un servizo de préstamo de bicicletas cunha parada na entrada do Campus As Lagoas.

Complexo Residencial As Burgas

Avda. Alfonso Rodríguez Castelao, 26
Campus Universitario As Lagoas
32004 Ourense
Teléfono: 988 010 400
Fax: 988 010 401
Correo e.: asburgas@resa.es

 

Comparte cos amigos

Facebook
Tuenti

Instalacións e servizos

  • cta_webin_tv

    Salas de TV e DVD
  • cta_webin_gym

    Ximnasio
  • cta_webin_study

    Salas de estudo
  • cta_webin_games

    Sala de xogos
  • cta_webin_laundry

    Lavandaría
  • cta_webin_parking

    Aparcadoiro
  • cta_webin_vending

    Servizo de venda automática
  • cta_webin_photos

    Sala de fotografía
  • cta_webin_adapted

    Cuartos adaptados
  • cta_webin_press

    Prensa diaria
  • cta_webin_reception

    Servizo de recepción
  • cta_webin_cleaning

    Servizo de limpeza
  • cta_webin_maintenance

    Servizo de mantemento
  • cta_webin_monitoring

    Servizo de conserxería
Oficinas centrais: Roger de Llúria, 118, 1º - 08037 Barcelona - Tel: 93 238 48 00 - Fax: 93 218 32 50 - resa@resa.es - www.resa.es
Seguridade na web e política de privacidade | Aviso legal e condicións xerais | Formulario de suxestións | Créditos