Vivir na residencia | dormitorios | novos prezos | Bolsas aloxamento | Instalacións e servizos | comedor | actividades | localización | Preguntas más frecuentes | aloxamento diario | Aloxamento verán | Aloxamento para grupos
A Coruña é un balcón cara ao Atlántico. Unha cidade con máis de 2000 anos de historia, na que poderás gozar tanto da súa cidade como do seu medio natural e que farán da Coruña a cidade ideal para pasar as túas vacacións.
Este verán goza das túas vacacións na Coruña, na Residencia Siglo XXI. Dispoñemos de cuartos individuais ou dobres con baño. Ademais, dámosche a opción de elixir entre aloxamento e almorzo, media pensión ou pensión completa.
A Residencia Siglo XXI é algo máis que un hotel na Coruña ou un apartamento de alugueiro. Destaca polas súas instalacións, así como polo bo ambiente e trato familiar. Encóntrase no monte da Zapateira, xunto ao campo de golf, desde onde poderás gozar dunhas fantásticas vistas, así como gozar das súas instalacións deportivas e piscina.
A residencia dispón dun servizo de transporte en autobús que conecta a residencia co centro da Coruña (Praza de Pontevedra) e a praia de Santa Cristina, de area branca, con augas tranquilas, ideal para o baño e os deportes acuáticos. Horarios autobús xullo e agosto.
Contacta connosco para reservar este verán as túas vacacións na Coruña.
A residencia, ofrece varias fórmulas de aloxamento. Ademais das estancias de longa duración (curso académico, semestre, trimestre, etc.), dispón de habitacións individuais e dobres para aloxarse por períodos inferiores a un mes durante os meses de setembro a xuño (excepto en Nadal).
| Tarifa diaria | Aloxamento e almorzo | Media pensión | Pensión completa |
| Dormitorio individual | 32,50 € | 43,50 € | 54,50 € |
| Dormitorio dobre | 63,00 € | 85,00 € | 107,00 € |
| Ofertas | |
|
Prezos comedor
| Adultos | Nenos (2-12) | |
| Almorzo | 3,80 € | 3,80 € |
| Xantar | 11,60 € | 5,80 € |
| Cea | 11,60 € | 5,80 € |
Ver o menú
Servizos opcionais |
|
A Zapateira, s/n
(xunto ao Club de Golf)
15008 A Coruña
Teléfono: 981 189 000
Fax: 981 131 333
Enderezo electrónico: sigloxxi@resa.es