Que é RESA

Que é RESA | Investidores e empresas | Equipo humano | RESA en imaxes

Grupo RESA: a rede máis extensa de residencias universitarias en España

O Grupo RESA naceu no ano 1992 coa vocación de crear a primeira rede de residencias universitarias en España. Desde a apertura da primeira residencia no ano 1996, Francesc Giralt i Serrà situada en Terrassa (Barcelona) e en convenio coa Universitat Politècnica de Catalunya, o Grupo RESA non deixou de crecer ata acadar na actualidade a cifra de 25 residencias.
 
A confianza das universidades coas que traballamos, dos estudantes e das súas familias é o que fai de RESA a empresa que é hoxe.
 
O concepto RESA
O noso concepto de residencia baséase en ofrecerlles aos nosos estudantes instalacións cómodas e funcionais, con espazos comúns e privados, seguridade, independencia e proximidade ao campus universitario. Ademais dos servizos básicos, os estudantes que viven nas residencias do Grupo RESA tamén poden contratar outros servizos complementarios, como a limpeza do cuarto, a entrega semanal e limpeza de sabas e toallas, aparcadoiro, etc.

Desta maneira, cada estudante define como quere que sexa a súa estadía na residencia e adáptaa ás súas necesidades.
 
RESA Housing - Aloxamento en pisos en Barcelona
Por outra banda, RESA xestiona o servizo RESA Housing, especializado en aloxamento temporal en Barcelona de estudantes en pisos, cuartos e con familias. O servizo RESA Housing creouse no ano 2002 para ser a central de reservas de Barcelona Centre Universitari (BCU), un organismo creado pola Generalitat de Catalunya, o Ajuntament de Barcelona, todas as universidades de Barcelona e a Fundació Catalana per a la Recerca i la Innovació.

Grupo RESA: xestionamos máis de 6.300 prazas.

Os nosos números falan por si sós: 6.300 prazas en 25 residencias de estudantes avalan a nosa traxectoria e convértennos en líderes do sector do aloxamento universitario español.

 
 

14 universidades españolas confían en RESA

Cal é o segredo do éxito? Escoitar, saber detectar as necesidades de aloxamento de cada universidade, crear espazos residenciais á medida de cada campus universitario e, por suposto, xestionalos dun xeito eficaz.

 
Oficinas centrais: Roger de Llúria, 118, 1º - 08037 Barcelona - Tel: 93 238 48 00 - Fax: 93 218 32 50 - resa@resa.es - www.resa.es
Seguridade na web e política de privacidade | Aviso legal e condicións xerais | Formulario de suxestións | Créditos