Comedor da Residencia Universitaria Siglo XXI

Manter unha alimentación sa e saudable é fundamental para render ao máximo nos estudos. Por iso, a Residencia Siglo XXI ofrece menús variados, para que non botes de menos a cociña de casa.

O comedor está aberto todos os días do ano (excepto durante as vacacións de Nadal), para que poidas gozar da pensión completa que inclúe a túa estancia. E se os teus horarios non che permiten comer na residencia, non te preocupes, porque temos á túa disposición o servizo de pícnic (incluído no prezo).

O comedor da Residencia Siglo XXI dispón dunha gran variedade de pratos, para que poidas ter unha dieta variada e segundo os teus gustos. Tanto na comida como na cea, poderás escoller entre dous primeiros, dous segundos e sobremesa. Ademais, sempre hai un buffet libre de ensaladas. Polas mañás, o almorzo é continental, así que poderás adaptalo ás túas necesidades sen problemas.

A continuación, podes ver os horarios do servizo de comedor:

 Almorzo

De luns a venres: 7:30h a 10:30h

Sábados: 8:00h a 10:30h

Domingos e festivos: 9:00h a 10:30h

Comida

De luns a venres: 13:30h a 15:30h

Sábados, domingos e festivos: 14:00h a 15:00h

Cea

De luns a venres: 21:30h a 22:45h

Sábados, domingos e festivos: 21:30h a 23h

O comedor, punto de encontro

Acostúmase dicir que calquera escusa é boa para sentarse arredor dunha mesa. Na Residencia Siglo XXI cremos niso, por iso pensamos que o comedor é un punto de encontro entre os nosos residentes, onde nacen amizades que durarán toda a vida.

E para asegurarnos de que iso pase, celebramos dúas comidas/ceas de momentos claves:

Inicio de curso

Que mellor forma para darche a benvida e celebrar o inicio de curso que unha grellada.

Nadal

Antes de comezar as vacacións de Nadal e despedirnos ata o ano seguinte, celebramos a nosa particular Noiteboa. Onde compartirás a mesa coa que se converterá na túa outra familia.

Un lugar onde cada día hai risas e boa conversa. Un lugar onde coñecer os teus compañeiros e novos amigos. Un lugar onde gozar da boa comida, en boa compañía. Todo iso, e máis, encontrarás no noso comedor.

Estamos ao teu servizo

Na Residencia Siglo XXI estamos ao teu servizo. Por iso, se tes algún tipo de intolerancia alimentaria, pedímosche que te poñas en contacto con nós para tratar de adecuarnos ás túas necesidades.