Cuartos da Residencia Universitaria Siglo XXI

A Residencia Universitaria Siglo XXI dispón dunha variada oferta de aloxamento deseñada para facer a túa estancia o máis confortable posible. Todos os cuartos son exteriores, están totalmente amoblados, teñen baño propio e conexión wifi gratuíta, entre outros.

Ver lista de prezos

Escolle o teu cuarto:

  • Cuarto individual

    Ver detalles

  • Cuarto dobre

    Ver detalles

  • foto habitación individual residencia siglo xxi
  • habitación individual residencia resa A Coruña
  • baño residencia siglo xxi

Cuarto individual

O cuarto individual é a mellor opción se che gusta a privacidade e a tranquilidade. Un espazo só para ti. Goza dun cuarto exterior, con baño e completamente amoblado.

Cama individual
Baño completo
Internet wifi e/ou cable gratis!
Amplo escritorio
Armario espazoso
Calefacción
Reserva
  • habitacion doble resa siglo xxi
  • doble resa siglo xxi a coruña
  • foto habitacion doble resa A Coruña
  • baño residencia resa siglo xxi

Cuarto dobre

O cuarto perfecto para compartir co teu novo mellor amigo, non importa se xa o coñecías ou se prefires que nós vos presentemos. Cuarto exterior, con baño e completamente amoblado.

Baño completo
Internet wifi e/ou cable gratis!
Calefacción
2 Camas individuais
2 Amplos escritorios
2 Armarios espazosos
Reserva

Ti estuda, nós cociñamos

Manter unha alimentación sa e saudable é fundamental para render ao máximo nos estudos. O comedor da Residencia de estudantes Siglo XXI ofrece menús variados e caseiros compostos por buffet de ensaladas + primeiro prato (2 opcións) + segundo prato (2 opcións) + sobremesa; para que non botes de menos a cociña de casa.

Pensión completa todos os días do ano (excepto durante as vacacións de Nadal), incluída no prezo. E se os teus horarios non che permiten comer na residencia, non te preocupes, porque temos á túa disposición o servizo de pícnic. Podes consultar un exemplo de menú semanal aquí.

E para picar entre horas, tamén tes o servizo vending (máquinas expendedoras de comida e bebida).

Se queres coñecer máis sobre horarios e o menú semanal, contacta coa residencia para ampliar información.

Estamos ao teu servizo

Deseño e confort á túa disposición para sacarlle o máximo partido ás túas horas de estudio, pero tamén para desconectar, practicar deporte, dar un mergullo na piscina, parolar e pasar un bo momento co resto de residentes.

As zonas comúns teñen amplas salas de estudo con luz natural, sala fitness e, entre outros, piscina exterior perfecta para facer unhas voltas e gozar do verán. Todo ao teu alcance e sen saír da residencia. Pero se queres saír, tes á túa disposición o servizo de transporte. Podes consultar os horarios aquí.

Servizos dispoñibles na Residencia Universitaria Siglo XXI

Acceso ilimitado ás zonas comúns
Actividades lúdicas, deportivas, culturais, etc.
Atención 24 horas, os 7 días da semana
Cambio de sabas e toallas
Comedor
Conexión a Internet wifi nas zonas comúns e nos cuartos
Cyber Corner con acceso a Internet e impresora
Lavandería autoservizo
Limpeza do cuarto e zonas comúns
Préstamos de ordenadores, ferros de pasar, etc.
Servizo de mantemento
Servizo de transporte
Servizo Vending

Zonas Comúns

Piscina exterior
Pista deportiva
Sala de xogos
Sala de TV e DVD
Sala fitness
Salas de estudo
Salas de ocio

Temos de todo, só nos faltas ti!