Benvidos á Residencia Universitaria Siglo XXI

Estudar na Coruña será, sen dúbida, unha experiencia que non esquecerás nunca. A Residencia Universitaria Siglo XXI é a opción perfecta para estudar rodeado do mellor ambiente universitario e o lugar idóneo para facer novos amigos.

Acomodados no monte da Zapateira, ao lado do Club de Golf, no término municipal de Culleredo, ofrecemos espazosos cuartos individuais e dobres completamente amoblados e equipados con baño privado, calefacción, wifi gratuíto, etc., para que che resulten o máis cómodos e funcionais posible. Goza da piscina ao aire libre, as pistas deportivas e o comedor.

Un espazo para vivir, estudar ao teu ritmo e gozar da liberdade dunha residencia aberta as 24 horas durante todo o ano (excepto no período das vacacións de Nadal).

Convenios de colaboración

A Residencia Siglo XXI está adscrita á Universidade de Vigo e ademais abre as súas portas a toda a comunidade universitaria.


Logo01 copis

Benvidos a A Coruña

A Coruña, unha cidade maxestosa cunha grande historia. Estamos seguros de que vas quedar cativado por esta fermosa cidade, tanto polas súas espectaculares paisaxes verdes, as súas praias, como por toda a historia que desprende e a fai única.

Se decides pasar os mellores anos da túa vida na Coruña, non deixes escapar a oportunidade de percorrer o paseo marítimo de Riazor-Orzán, subir ao monte de San Pedro e gozar das impoñentes vistas que che ofrece de toda a cidade ou ben visitar a Torre de Hércules, declarada monumento Patrimonio da Humanidade.

Fai do teu tempo de ocio toda unha aventura sen esquecer que te vas formar nunha universidade referente en todo o mundo e pasar os anos máis inesquecibles da túa vida.

Residencia Universitaria Siglo XXI

Reserva unha cita

Localiza a túa universidade

Distancia de la residencia 500 m