Cuartos da Residencia Universitaria Siglo XXI
A Residencia Universitaria Siglo XXI dispón dunha variada oferta de aloxamento deseñada para facer a túa estancia o máis confortable posible. Todos os cuartos son exteriores, están totalmente amoblados, teñen baño propio e conexión Wi-Fi gratuíta, entre outros.
Escolle o teu cuarto:
Cuarto individual
O cuarto individual é a mellor opción se che gusta a privacidade e a tranquilidade. Un espazo só para ti. Goza dun cuarto exterior, con baño e completamente amoblado.
Cuarto dobre
O cuarto perfecto para compartir co teu novo mellor amigo, non importa se xa o coñecías ou se prefires que nós vos presentemos. Cuarto exterior, con baño e completamente amoblado.

Ti estuda, nós cociñamos
Manter unha alimentación sa e saudable é fundamental para render ao máximo nos estudos. O comedor da Residencia de estudantes Siglo XXI ofrece menús variados e caseiros compostos por buffet de ensaladas + primeiro prato (2 opcións) + segundo prato (2 opcións) + sobremesa; para que non botes de menos a cociña de casa.
Pensión completa todos os días do ano (excepto durante as vacacións de Nadal), incluída no prezo. E se os teus horarios non che permiten comer na residencia, non te preocupes, porque temos á túa disposición o servizo de pícnic.
E para picar entre horas, tamén tes o servizo vending (máquinas expendedoras de comida e bebida).
Se queres coñecer máis sobre horarios e o menú semanal, contacta coa residencia para ampliar información.

Estamos ao teu servizo
Deseño e confort á túa disposición para sacarlle o máximo partido ás túas horas de estudio, pero tamén para desconectar, practicar deporte, dar un mergullo na piscina, parolar e pasar un bo momento co resto de residentes.
As zonas comúns teñen amplas salas de estudo con luz natural, sala fitness e, entre outros, piscina exterior perfecta para facer unhas voltas e gozar do verán. Todo ao teu alcance e sen saír da residencia. Pero se queres saír, tes á túa disposición o servizo de transporte. Podes consultar os horarios aquí.
Servizos dispoñibles na Residencia Universitaria Siglo XXI











Zonas Comúns







Temos de todo, só nos faltas ti!