Benvidos á Residencia Universitaria Siglo XXI
Estudar na Coruña será, sen dúbida, unha experiencia que non esquecerás nunca. A Residencia Universitaria Siglo XXI é a opción perfecta para estudar rodeado do mellor ambiente universitario e o lugar idóneo para facer novos amigos.
Acomodados no monte da Zapateira, ao lado do Club de Golf, no término municipal de Culleredo, ofrecemos espazosos cuartos individuais e dobres completamente amoblados e equipados con baño privado, calefacción, wifi gratuíto, etc., para que che resulten o máis cómodos e funcionais posible. Goza da piscina ao aire libre, as pistas deportivas e o comedor.
Un espazo para vivir, estudar ao teu ritmo e gozar da liberdade dunha residencia aberta as 24 horas durante todo o ano (excepto no período das vacacións de Nadal).
Convenios de colaboración
A Residencia Siglo XXI está adscrita á Universidade de Vigo e ademais abre as súas portas a toda a comunidade universitaria.
Benvidos a A Coruña
A Coruña, unha cidade maxestosa cunha grande historia. Estamos seguros de que vas quedar cativado por esta fermosa cidade, tanto polas súas espectaculares paisaxes verdes, as súas praias, como por toda a historia que desprende e a fai única.
Se decides pasar os mellores anos da túa vida na Coruña, non deixes escapar a oportunidade de percorrer o paseo marítimo de Riazor-Orzán, subir ao monte de San Pedro e gozar das impoñentes vistas que che ofrece de toda a cidade ou ben visitar a Torre de Hércules, declarada monumento Patrimonio da Humanidade.
Fai do teu tempo de ocio toda unha aventura sen esquecer que te vas formar nunha universidade referente en todo o mundo e pasar os anos máis inesquecibles da túa vida.
Unha localización privilexiada
A residencia universitaria Siglo XXI encóntrase situada no monte da Zapateira, a un paso do Club de Golf. Está rodeada dunha paisaxe inigualable, que só o que visitase esta marabillosa terra entenderá.
Na residencia contamos cun servizo de transporte gratuíto que conecta co centro da Coruña (a 15 minutos) e os campus da Zapateira (5 minutos) e Elviña (10 minutos), ademais de realizar outras paradas.
Se vés en coche, as coordenadas para o GPS son:
43º 18′ 11,32″ N
8º 24′ 40,82″ O
Escolle a forma que che resulte máis cómoda para moverte. Se necesitas máis información sobre horarios, rutas, prezos, etc., consulta:
Autobús urbano: http://www.tranviascoruna.com/cuando-llega-mi-bus/
Renfe: www.renfe.com