Cuartos da Residencia Universitaria As Burgas

A Residencia Universitaria As Burgas dispón dunha variada oferta de aloxamento deseñada para facer a túa estancia o máis cómoda posible. Todos os estudios están totalmente amoblados con cociña e baño, conexión informática con acceso a Internet, calefacción, entre outros. Situados ademais nunha zona excelente da cidade, co mellor ambiente para estudar e onde poder facer novos amigos. Soa ben, verdade?

Ver lista de precios

Escolle o teu cuarto:

  • Estudio Individual

    Ver detalles

  • Estudio individual con cociña compartida

    Ver detalles

  • Estudio dobre

    Ver detalles

  • foto habitación individual residencia as burgas
  • estudio individual resa as burgas
  • individual resa as burgas ourense
  • estudio individual cocina as burgas ourense
  • baño residencia resa as burgas

Estudio Individual

O cuarto individual é a mellor opción se che gusta a privacidade e a tranquilidade. Un espazo só para ti. Goza dun cuarto exterior, con baño e completamente amoblado.

Cama individual
Baño completo
Internet wifi e/ou cable gratis!
Amplo escritorio
Armario espazoso
Calefacción
  • Habitación individual residencia as burgas
  • Estudio individual resa as burgas
  • individual cocina compartida residencia as burgas
  • foto cocina compartida residencia as burgas
  • baño habitación individual

Estudio individual con cociña compartida

A solución perfecta para compartir cun amigo sen renunciar a un espazo propio. Dous estudios individuais comunicados por unha cociña compartida, ambos completamente equipados e con baño individual.

Cama individual
Baño completo
Internet wifi e/ou cable gratis!
Amplo escritorio
Armario espazoso
2 Cuartos individuais
Cociña compartida
  • estudio doble resa ourense
  • estudio doble as burgas ourense
  • estudio doble resa as burgas
  • estudio doble cocina resa as burgas orense
  • baño estudio doble as burgas

Estudio dobre

O cuarto perfecto para compartir co teu novo mellor amigo, non importa se xa o coñecías ou se prefires que nós vos presentemos. Cuarto exterior, con baño e completamente amoblado.

Baño completo
Internet wifi e/ou cable gratis!
Calefacción
2 Camas individuais
2 Amplos escritorios
2 Armarios espazosos

Estamos ao teu servizo

A vida en compañía é moito mellor. Na Residencia Universitaria As Burgas sabémolo e por iso deseñamos uns espazos modernos e acolledores pensados para crear o mellor ambiente e fomentar o teu desenvolvemento académico e social. Farás amigos de distintas culturas e países, con soños e obxectivos distintos (ou non tanto) cos que compartirás grandes momentos que seguro te unirán con eles para sempre.

A residencia dispón de amplas salas de estudo con luz natural, salas de ocio, sala de fitness, etc. Terás todo o necesario ao teu alcance e sen saír da residencia.

Servizos dispoñibles na
Residencia Universitaria As Burgas

Acceso ilimitado ás zonas comúns
Actividades lúdicas, deportivas, culturais, etc.
Cambio de sabas e toallas
Conexión a Internet wifi nas zonas comúns e nos cuartos
Cyber Corner con acceso a Internet
Cuartos adaptados
Lavandería autoservizo
Limpeza do cuarto e zonas comúns
Parking
Servizo de mantemento

Zonas Comúns

Sala fitness
Salas de estudo
Salas de ocio

Temos de todo, só nos faltas ti!