Benvidos á Residencia Universitaria As Burgas
Seguro que xa che contaron miles de historietas fascinantes da época universitaria dos teus pais, irmáns, primos… e soñaches con poder vivilas ti mesmo algún día. Chegou o momento! Se vés estudar a Ourense, na Residencia Universitaria As Burgas axudarémosche a facer realidade os teus soños mentres desenvolves a túa carreira académica e profesional.
Vivirás a 5 minutos da facultade. A residencia encóntrase no Campus As Lagoas da Universidade de Vigo e cerca da parte vella de Ourense.
Ofrece estudios individuais e dobres, todos eles exteriores, equipados con cociña e baño propio, calefacción, wifi, etc. Tamén conta coas máis modernas instalacións e uns servizos pensados para que vivas e estudes ao teu ritmo. Goza da liberdade dunha residencia aberta as 24 horas e durante todo o ano.
Convenios de colaboración
A Residencia Universitaria As Burgas está adscrita á Universidade de Vigo e ademais abre as súas portas a toda a comunidade universitaria.
Benvidos a Ourense
Ourense é a cidade da auga por excelencia. Ata oito pontes cruzan o río Miño, que en tempos dos romanos era unha mina de ouro. Agora xa non hai ouro, pero si unhas augas termais que brotan a máis de 65º moi valiosas.
Goza dun baño Zen nunha das moitas termas (moitas delas gratuítas) que hai repartidas por toda a cidade, como as termas da Chavasqueira, visita a fonte das Burgas, a Ponte Romana ou a sorprendente Catedral de Ourense. Non esquezas tampouco visitar a súa orixinal Praza Maior... inclinada! ou o belén máis sorprendente que vises nunca na Capela de San Cosme e San Damián.
Aproveita os anos que vas vivir nesta magnífica cidade chea de oportunidades para desenvolver o teu futuro académico e laboral.
Unha localización inmellorable
Unha das vantaxes indubidables de vivir na residencia As Burgas é a súa localización, xunto ao Campus Universitario As Lagoas e a tan só 10 minutos a pé do centro de Ourense. Esquécete de coller transportes e percorre esta preciosa cidade a pé ou en bicicleta. Non obstante, no campus universitario e moi cerca da residencia ten parada un autobús urbano.
Ademais, no centro da cidade encontrarás a estación de Renfe que che permitirá descubrir outros lugares con encanto dos arredores de Ourense e do norte de Portugal.
Escolle a forma que che resulte máis cómoda para moverte. Se necesitas máis información sobre horarios, rutas, etc., consulta:
Autobuses urbanos: http://www.urbanosdeourense.es/
Renfe: http://www.renfe.com/viajeros/mediadistancia/mapas_y_trayectos/Galicia.html