Vivir na residencia | dormitorios | prezos | Bolsas aloxamento | Instalacións e servizos | comedor | actividades | localización | Preguntas más frecuentes | aloxamento diario | Aloxamento verán | Aloxamento para grupos
A residencia para universitarios Siglo XXI da Coruña entrou en funcionamento no ano 1993. É unha residencia de estudantes cun total de 263 prazas e que conta con varios servizos e instalacións que han facer da túa estancia unha experiencia única; todos os servizos están incluídos no prezo do aloxamento, ten piscina ao aire libre, pista deportiva, servizo de comedor (con pensión completa), así como un servizo de transporte en autobús que conecta a residencia co centro da Coruña e cos campus universitarios da Universidade da Coruña, coa que ten convenio.
A residencia tamén ofrece cuartos para reservar unhas noites e aloxar grupos durante todo o ano na cidade da Coruña. As instalacións da residencia Siglo XXI, así como a súa localización, convértena nunha magnífica opción de aloxamento no verán.
A residencia Siglo XXI permanece aberta todos os días do ano excepto en Nadal.
Se queres visitar a nosa residencia de estudantes en A Coruña, debes concertar cita previa por teléfono ou correo electrónico co/a responsable do centro. As visitas faranse, preferiblemente, de luns a venres en horario de oficina. No caso de que todas as habitacións estean ocupadas, só se poderán mostrar as zonas comúns.
Actualmente, esta residencia universitaria dispón de prazas libres. Infórmate e reserva a túa praza!
A Zapateira, s/n
(xunto ao Club de Golf)
15008 A Coruña
Teléfono: 981 189 000
Fax: 981 131 333
Enderezo electrónico: sigloxxi@resa.es















